O munxaniano tamén chamada lingua munxaní ou munxí (en persa) é unha lingua indoeuropea da rama de linguas iranias pertencente ao sub-grupo de linguas do Pamir falada ao nordeste do Afganistán, na provincia de Badaghxán. É moi parecida á lingua idgá que fálase naparte máis alta do Lutkuh, Val do Chitral, no oeste de Garam Chishma en Paquistán.
A área do Garam Chishma chegou a ser importante durante a Invasión Soviética do Afganistán porque os soviéticos non foron capaces de deter o fluxo de armas , materiais e persoas polo Paso Doráh que separa o Chitral do Badaghxán.
O munxiano divídese en catro dialectos:
Munxiano setentrional Munxiano central Munxiano meridonal Munxiano mamalgha
Estes dialectos comparten entre eles un 68% de similitude lexical, do 56% ao 80% co idgá en Paquistán. Os falantes de munxiano son, habitualmente bilingües co dari falada no Afganistán. Os falantes monolingües adoitan ser mulleres. O índice de alfabetización en munxiano está por debaixo do 1%. O índice de alfabetización en dari entre os munxiano falantes está entre o 15 e o 25%.
Os dez primeiros números en munxiano son:
yu /iu/ lu /lu/ sherai /šerai/ chfūr /čfu:r/ pānj /pa:nž/ āxshe /a:xše/ avde /avde/ ashkie /aškje/ nau /naw/ dau /daw/
Véxase tamén Bibliografía Risley, H.H. e Gait, E.A. "Report on the Census of India", 1901. Superintendent of Government Printing, 1903, Calcuta, páxina294 Decker, Kendall "Languages of Chitral" (1992). Publicado polo National Institute of Pakistan Studies, a Universidade Quaid-i-Azam e o Summer Institute of Linguistics, Islamabad. Morgenstierne, Georg: "Report on a Linguistic Mission to Afghanistan" (1926). Publicado polo Instituttet for Sammenlignende Kulturforskning, Serie C I-2, Oslo. id=ISBN 0-923891-09-9
Ligazóns externas Ethnologue: http://www.ethnologue.com/show_work.asp?id=32850 H.H. Risley e E.A. Gait , ( 1903 ), REPORT ON THE CENSUS OF INDIA, 1901 , Calcutta , Superintendent of Government Printing , p. 294 : https://web.archive.org/web/20110706114920/http://www.chaf.lib.latrobe.edu.au/dcd/page.php?title=1901&action=next&record=1433
Categoría:Linguas iranias orientais meridionais Categoría:Linguas de Paquistán