Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, nado en Poio o 3 de marzo de 1915 e finado o 3 de febreiro de 1959, foi un arqueólogo e aparellador galego, fillo de Ramón Sobrino Buhigas.

Traxectoria dereita|miniatura|Lápida da familia Sobrino Buhigas - Lorenzo Ruza no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Criouse na parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis. Aparellador do concello de Santiago de Compostela, dirixiu a restauración da fachada e da escalinata de Praterías da catedral e de San Martiño Pinario. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, comisario local de escavacións arqueolóxicas, secretario do Seminario Gallego de Historia Primitiva da USC, colaborador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro correspondente da Real Academia Galega.

Dirixiu diversas escavacións arqueolóxicas, centrando a maior parte dos seus traballos na arte rupestre prehistórica galega e continuando, en certa maneira, os traballos do seu pai. Tamén son destacables as súas intervencións arqueolóxicas sobre monumentos megalíticos na península do Morrazo, como por exemplo na Chan da Arquiña. Publicou os seus resultados en diversas revistas especializadas, entre as que destaca a do Museo de Pontevedra. Outros estudos seus son os seguintes:

"Petroglifos e Laberintos", publicado no número 61 da Revista de Guimarães en 1951. "Origen de los petroglifos gallego-atlánticos", na revista Zephyrus de Salamanca en 1952. "Petroglifos prehistoricos europeos" publicado nas actas do Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas celebrado en Madrid (1954). "Datos para el estudio de los petroglifos de tipo atlántico" no III Congreso Nacional de Arqueoloxía (1955). "Bosquejo para un estudio de los petroglifos portugueses" na revista Caesaraugusta de Zaragoza (1957). "Petroglifos de la Comarca de Lalín" publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos (1957 e 1958).

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega