O Maryfran era un barco pesqueiro da Coruña afundido o 20 de setembro de 1957 nas illas Farallóns de San Cibrao. Accidente O barco, de 54 toneladas, dirixíase de Ribadeo á Estaca de Bares, e viuse obrigado a minorar a velocidade por mor da néboa. Embicou nas illas Farallóns ás seis e media da tarde. Afundiu debido ás numerosas vías de auga producidas no choque. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados pola embarcación de Celeiro La Graciosa pouco antes do seu afundimento.

Véxase tamén Outros artigos Naufraxios de pesqueiros galegos

Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Cervo Categoría:Barcos de pesca Categoría:Naufraxios Categoría:1957 en Galicia