TriNa é unha marca española de bebidas refrescantes. A compañía pertence desde 1990 a Cadbury-Schweppes, que cambiou o nome da empresa ao actual. O seu nome provén dunha abreviación da anterior denominación, Trinaranjus.

Esta bebida caracterízase e diferénciase doutros refrescos como Fanta en que TriNa non ten gas e contén un mínimo do 6% de zume.

Historia O primeiro refresco de TriNa comercializouse en 1933. Creado en Valencia polo Doutor Trigo, consistía nun refresco de laranxa sen gas comercializado como Trinaranjus, e cuxa botella gardaba unha forma similar á laranxa. A compañía mantívose ao longo dos anos e comercializou outros sabores ao longo do tempo, consolidándose como unha das marcas máis importantes en refrescos sen gas de España.

En 1990 a compañía é adquirida pola multinacional Cadbury-Schweppes. Desde entón a compañía explotou outros mercados de bebidas como o té ou os zumes de froita.

Produtos Trina Refrescos sen gas: Laranxa (anteriormente Trinaranjus) Limón (anteriormente Trinalimón) Mazá Mandarina Piña Tropical Piña Colada Banana Colada Mango Colado

Trina Té (T!) Vermello con pexego Verde con mazá Negro con limón Branco con melón

Vital Trina Piña Multifroitas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Trina

Categoría:Bebidas refrescantes Categoría:Empresas de alimentación Categoría:Empresas da Comunidade Valenciana