Reticulum ou Retículo, é unha das menores constelacións austrais. Foi inserida nos comezos do século XVII polo astrónomo Isaac Habrecht, que lle dou de nome Rhombus.Atlas Coelestis: Atlas 55 - Jacob Bartsch. Máis tarde sería renomeada por Nicolas Louis de Lacaille para conmemora-lo retículo, que foi un instrumento científico usado para medi-la posición das estrelas.

Mitoloxía Dado que foi inserida no século XVII, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Obxectos Notables Epsilon Reticuli ten un planeta extrasolar. ζ Reticuli é unha estrela binaria que pode ser vista a simple vista, as súas compoñentes son semellantes ó Sol. Esta estrela binaria gañou notoriedade por se-lo presunto fogar dunha civilización extraterrestre que Betty e Barney Hill alegaron na súa presunta abdución (Abdución de Betty e Barney Hill - en inglés -). Pode que a consecuencia disto, esta estrela fose escollida coma a localización (ficticia) do filme Alien.

Estrelas Estrelas con designación de Bayer: α Ret 3,33; β Ret 3,84; γ Ret 4,48; δ Ret 4,56; ε Ret 4,44; ζ1 Ret, ζ2 Ret 5.53, 5,24 – double; nearby; θ Ret 5,88; η Ret 5,24; ι Ret 4,97; κ Ret 4,71

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Reticulum Starry Night Photography: Reticulum Constellation Star Tales – Reticulum

Categoría:Constelacións