Sant Josep de sa Talaia é un concello da illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Tiña unha poboación de 24.691 habitantes en 2012. É o concello máis meridional da illa e nel atópase o aeroporto.
miniatura|300px|Igrexa de Sant Josep
Historia O municipio corresponde co antigo Quartó de ses Salines que correspondeu a Guillem de Montgrí no repartimento da illa despois da conquista de 1235. A zona era chamada polos musulmanes Algarb.
No Decreto de Nova Planta de 1716 suprímense os organismos territoriais e toda a illa pasa ao novo Concello de Eivisa.
Nas Cortes de Cádiz en 1812 reorganízase o territorio e créase o municipio de San José Obrero. Coa Lei 3/1986, de normalización lingüística das Illas Baleares, recupérase a toponímia na súa forma catalá, vixente actualmente.
Xeografía O monte máis alto da illa é Sa Talaia de Sant Josep, de 475 m de altitude. Tamén é o concello con máis praias da illa, con 84 km de costa desde a vila de Eivisa ata a vila de Sant Antoni de Portmany na zona de poñente. Tamén atopamos o Parque Natural de ses Salines e o de Cala d'Hort.
Organización territorial No ano 2000 o concello recupera a división tradicional en parroquias e véndes: Sant Agustí des Vedrà: D'enllà Torrent D'ençà Torrent Sant Josep de sa Talaia: Sa Talaia Benimussa Cas Serres Cas Marins Es Cubells Cala d'Hort Es Cubells La Flota Davall Sa Serra Sant Jordi de ses Salines L'Horta Cas Costes Es Racó Sant Francesc de s'Estany Es Racó des Jondal Can Llaudis Sa Sal Rossa La Revista La Canal
Demografía Evolución da poboación de Sant Josep de sa Talaia dende o ano 1950 ata agora:
Política A repartición de escanos quedou deste xeito:
<th> PSOE PP NOV-A Total 2011 10 9 2 21 2007 9 8 0 17 </div>
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello Información do Institut Balear d'Estadística
Categoría:Concellos de Eivisa