Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un xurista, escritor, gastrónomo e político galego.

Traxectoria Fillo de Luciano Puga Blanco, naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e presentou a súa tese de grao Fueros Nobiliaros en 1895. Grazas a Antonio Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a Galiza e foi xuíz en Arteixo. Comezou a escribir no xornal El Noroeste, co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiu o artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":

Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914, e cando o alcalde Javier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro de 1915, aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. A súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto de 1917 levouno a ser destituído semana despois e a recibir o 28 de outubro unha homenaxe de 5000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.

miniatura|300px|Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, Pardo Bazán e Picadillo. Escribiu numerosos libros de gastronomía, incluíndo La cocina práctica en 1905, que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás copias da cociña francesa de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha caldeirada comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro Mi historia política:

Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era outro dos aspectos polos que era coñecido. Contaba Luis Antón del Olmet que unha vez chegara un circo á Coruña anunciando a presenza dun home alemán como o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada afirmando que Manolo Puga era máis gordo.Anécdota incluída en Pote aldeano, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...

Vida persoal

Casou o 3 de novembro de 1897 no pazo de Anzobre con Carmen Ramón Pascual. Foi pai de Rafael, Maruja, María Jacoba, Carmela, José María e Manuel María Puga Ramón.

Obras miniatura|Cartel de publicidade feito por Enrique Saborit para La Cocina Práctica. 36 maneras de guisar el bacalao. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1901.Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España Integración de algunas materias de Derecho Civil, Madrid, 1901. La cocina práctica, con prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.Ficha e dixitalización da 4ª ed na Biblioteca Nacional de España Incluído, co n.º 6 na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao, Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España El rancho de la tropa. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.

Pote aldeano. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España

Vigilia reservada: minutas y recetas. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.Ficha en GalicianaFicha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España Mi historia política. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España

En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma, publicado por Edicións Xerais de Galicia, traducido por María Dolores Torres París, e con prólogo de Xosé Cermeño.Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Gripe de 1918 Pazo de Anzobre

Ligazóns externas

Arsenio Díaz, Jesús (2016). Gusto Gallego n.º 3. Picadillo pp. 10-23. Luis Carré Ediciones

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela