San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes.

En 2021 tiña 364 habitantes, 190 mulleres e 174 homes, segundo o INE.

Na parroquia de Chorente naceu a política do BNG Ana Pontón.

Toponimia Segundo Nicandro Ares o nome de Chorente deriva do antropónimo , que sería o seu posuidor, nome de persoa moi usado por cristiáns e pagáns. E viría de , florecente.

Economía Destaca a fábrica de cemento de Cementos del Noroeste no Oural.

Patrimonio A igrexa parroquial ten a fachada en estilo románico, sendo o resto unha construción do século XVIII. Hai unha capelas na honra de santo Antón en Vilaverde, e unha igrexa dedicada a san Xosé no Oural.

Lugares e parroquias Lugares de Chorente

Parroquias de Sarria

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sarria

Ligazóns externas Igrexa de San Xulián de Chorente

Categoría:Parroquias de Sarria Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xulián Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía