Froila, conde de Galiza (en latín: Froilane Gallicie comite), tamén coñecido como Froila Vermúdez ou Froila Xemúndiz, nado contra 845 e finado probabelmente en 866, foi un nobre galego que se proclamou rei de Galiza nese 866, destronando efemeramente a Afonso III.

Traxectoria Aparece como conde de Lugo a comezos da década de 860. É posíbel que estivese casado cunha filla de Ordoño I, feito que lle podería outorgar certa lexitimidade para acceder ao trono, tal como anteriormente acontecera con Silo e Nepociano. Deste xeito, no ano 866, após a morte do devandito Ordoño I e a suba ao trono do seu fillo Afonso III, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galiza; atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba. Non se teñen moitas noticias do seu reinado, que, en calquera caso, foi moi breve, na segunda metade do ano, e aínda que algúns historiadores o denominan Froila II, en xeral é excluído das cronoloxías do reino de Oviedo. Coñécese, así e todo, que se fixo con Carcacía (Padrón), a cal foi devolta polo propio Afonso III á diocese de Iria en xaneiro do ano seguinte, cando Froila xa finara. Rei a tódolos efectos, só o seu asasinato por parte de partidarios de Afonso permitiu ao deposto rei recuperar o trono.

Algúns autores dicían que procedía da liñaxe do rei Vermudo, aínda que este dato non é considerado probábel.Historia general de España. Juan de Mariana, José Sabau y Blanco páx. 119 De feito, semella que o seu apelido era na realidade Xemúndiz no canto de Vermúdez, produto este último dunha lectura errada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Reis de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século IX