Mercedes Castro Díaz, nada en Ferrol en 1972, é unha escritora galega que escribe en castelán.

Biografía Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Despois dunha década traballando no eido editorial, no que chegou a ser directora do departamento de narrativa dunha destacada editorial do Grupo Planeta, deixou o seu posto como editora para converterse en escritora. A súa primeira novela, Y punto. apareceu en 2008, e a autora declarou que lle levou nove anos escribila.

Con anterioridade, Mercedes Castro publicou diversos relatos en volumes colectivos, unha edición crítica da novela de Benito Pérez Galdós, Trafalgar (2001), o poemario La niña en rebajas (2001) e a primeira antoloxía poética bilingüe de Rosalía de Castro (2004) que saíu ó mercado.

Obras Novelas Y punto. (Alfaguara, 2008). Mantis (Alfaguara, 2010).

Poesía La niña en rebajas (2001).

Como editora Trafalgar, de Benito Pérez Galdós (2001), edición e prólogo. Antología poética de Rosalía de Castro (2004), edición bilingüe (galego-castelá) e tradución.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web de Alfaguara Blog de Mercedes Castro

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes