A igrexa de Santa María de Darbo é o templo parroquial de Darbo no concello de Cangas de Morrazo. Sitúase no lugar do Seixo.
Características De estilo barroco, foi edificada en granito entre os séculos XVII e XVIII, logo de que o antigo templo fose incendiado en decembro de 1617 trala incursión de piratas otománs.
Destaca pola súa proporcionada harmonía e a súa influencia colonial. A planta do santuario é de cruz latina, de brazos curtos e bóveda de medio canón. O corpo central da fachada forma unha composición arquitectónica rematada nun frontón semicircular coa imaxe da Nosa Señora de Darbo no centro. Todo iso presidido por unha Cruz sobre base labrada que se alza na parte superior do frontón.
Completan o conxunto arquitectónico un cruceiro centenario que se atopa fronte a igrexa e unha fonte barroca.
Darbo Categoría:Cangas de Morrazo Darbo