2011 (MMXI) foi un ano común que comezou en sábado no calendario gregoriano.
Acontecementos
Xaneiro miniatura|Toma de posesión de Dilma Rousseff en Brasilia. miniatura|Revolución dos Xasmíns en Tunisia. miniatura|Caricatura do efecto dominó creado pola Crise Política de Tunisia no mundo árabe. 1 de xaneiro Comeza a presidencia húngara da Presidencia do Consello da Unión Europea. Estonia únese á Eurozona, adoptando así o euro como moeda oficial. Dilma Rousseff toma posesión como presidenta do Brasil, a primeira muller en tal cargo. Bonaire, Saba e Sint Eustatius adoptan o dólar estadounidense como moeda oficial. Entran en dominio público en Portugal e o Brasil as obras de Selma Lagerlöf, Walter Benjamin e F. Scott Fitzgerald. Portugal, xuntamente con Alemaña, convértense en membros non permanentes do Consello de Seguridade das Nación Unidas para o bienio de 2011-2012. Terremoto de magnitude 6,9 na escala Richter atinxe Arxentina. Un atentado contra a igrexa copta no Exipto deixa 21 mortos e 43 feridos. 2 de xaneiro En España entra en vigor a Nova Lei Antitabaco, que prohibe fumar en calquera espazo público pechado. Conxunción entre Xúpiter e Urano. 3 de xaneiro Distancia mínima da Terra e o Sol, 147 105 562 km Até estes días Australia sofre as peores inundacións desde hai 100 anos, deixando unhas 12 vítimas mortais, miles de desaparecidos e, como mínimo, 3.600 refuxiados en centros de evacuación. Terremoto de magnitude 7,1 na escala Richter, atinxe Chile. Terremoto de magnitude 5,7 na escala Richter sacode Indonesia. 4 de xaneiro - Eclipse de sol parcial, visible en Europa, norte de África e oeste de Asia. 8 de xaneiro - En Casas Adobes, Arizona, a congresista estadounidense Gabrielle Giffords resulta ferida grave, cando un home tirotea a varias persoas matando polo menos seis, entre elas, o xuíz federal John McCarthy Roll. 9 de xaneiro - Sudán do Sur empeza un referendo para independencia que remata o 15 de xaneiro. 11 de xaneiro - Os asolagamentos e corrementos de terras provocan máis de 800 mortos no estado do Río de Xaneiro, Brasil. 12 de xaneiro - En Chile, prodúcense protestas na rexión de Magallanes, especificamente en Punta Arenas, pola alza do gas por parte do goberno de Chile. 14 de xaneiro - Cae derrocado o goberno de Tunisia tras un mes de violentas protestas da poboación. O presidente Zine El Abidine Ben Ali foxe do país e o primeiro ministro Mohamed Ghannouchi asume a presidencia provisionalmente co apoio do Exército. 15 de xaneiro Cúmprense 10 anos da Wikipedia (na versión en inglés). En Tunisia é nomeado presidente interino o até daquelas presidente do Parlamento Fouad Mebazaa, co que se confirma a caída de Ben Ali (exiliado en Arabia Saudita). 19 de xaneiro - Terremoto de magnitude 7,2 na escala Richter atinxe o suroeste do Paquistán, non houbo vítimas. 22 de xaneiro A Revolución dos Xasmíns de Tunisia crea unha inestabilidade política rexional e ameaza con derribar algunhas ditaduras do norte de África e Medio Oriente. O efecto dominó da Revolución Tunesina chega a Marrocos, Alxeria, Exipto e o Iemen. 23 de xaneiro A rebelión en Tunisia esténdese a Exipto con fortes protestas. Eleccións presidenciais en Portugal, sendo reelecto Aníbal Cavaco Silva para un segundo mandato. 24 de xaneiro - Polo menos 36 mortos e máis de 100 feridos nun atentado con bomba no Aeroporto Internacional de Domodedovo, en Moscova, Rusia. 25 de xaneiro - A familia do presidente exipcio Hosni Mubarak foxe do país no medio das fortes protestas. 28 de xaneiro - O «Venres da Ira» en Exipto. Convócanse un millón de mozos ás rúas pola revolución. O fillo do presidente Mubarak foxe do país.
Febreiro miniatura|Vista da Catedral de Christchurch despois do sismo do 22 de febreiro. 2 de febreiro O Museo Exipcio do Cairo é albo de ataques vandálicos por parte dos manifestantes anti-Mubarak. Rexistráronse incendios nos xardíns do museo e un total de 70 pezas arqueolóxicas danadas. Publícase a primeira edición de The Daily, o primeiro periódico deseñado exclusivamente para a súa visualización no iPad. Descubrimento do sistema planetario Kepler-11. 3 de febreiro - Comeza o Ano Novo Chinés. 4 de febreiro - Protocolo IPv4 esgótase e será substituído polo IPv6 que é capaz de xerar 340 decillóns de combinacións. 11 de febreiro - Triunfo da Revolución Exipcia despois de dezaoito días de violentas protestas, Hosni Mubarak renuncia á presidencia do país e deixa o poder en mans das Forzas Militares. 13 de febreiro - 53º edición dos Grammy Awards. 16 de febreiro - Na cidade mexicana de Guadalajara, incéndiase un hotel en construción pertencente á cadea española Riu, rexistrándose un saldo de 2 traballadores mortos e 27 feridos 21 de febreiro - En Libia a rebelión popular contra o réxime de Muammar al-Gaddafi, que leva xa varios días, agrávase e parece converterse nunha guerra civil cando se informa de que a aviación militar leal ao réxime bombardeou os manifestantes opositores na capital Trípoli causando polo menos 250 mortos e que unidades do Exército libio se sublevaran uníndose aos rebeldes na cidade de Bengasi e combatendo contra as unidades de elite leais ao réxime. 22 de febreiro En Christchurch (Nova Zelandia) prodúcese un terremoto de magnitude 6.3, deixando 113 vítimas fatais, 2500 feridos e 228 desaparecidos. En Libia o país achégase ao caos cando Muammar al-Gaddafi ameaza con masacrar os manifestantes rebeldes nun discurso por televisión, intensificando así a matanza indiscriminada con bombardeos e tiroteos, mentres o seu até daquelas Ministro do Interior se une á revolución contra Gaddafi e fai un chamamento ao Exército para que se una aos rebeldes.«Gadafi advierte de que perseguirá casa por casa a “las ratas que siembran la revolución”», en El Mundo de España. 23 de febreiro - En Libia consolídase o control das forzas rebeldes sobre as rexións do leste do país, e máis unidades das Forzas Armadas pásanse ao bando rebelde; mentres Gaddafi e os seus leais atrinchéiranse en Trípoli nunha nova escalada do conflito.«Opositores controlan el oriente de Libia», artigo en El Universal de México. 27 de febreiro - No Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos) realízase a entrega dos Premios Óscar de 2010, para premiar o mellor da industria cinematográfica de Hollywood durante o ano 2010. The King's Speech obtén o Óscar ó mellor filme.
Marzo 2 de marzo - Apple Inc. lanza o iPad 2, a segunda xeración de seu tablet. 8 de marzo A Galipedia cumpre 8 anos de historia. 10 persoas morreron e 110 ficaron feridas durante conflitos relixiosos entre musulmáns e cristiáns coptos no Exipto. 11 de marzo - O terremoto de Sendai, de 9,0 graos, e o posterior tsunami, provocan milleiros de mortes e inmensas perdas materiais, incluídos danos en centrais nucleares, producíndose os accidentes nucleares de Fukushima I.
miniatura|Sendai despois do Terremoto do Xapón do 2011. 17 de marzo - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas aproba unha zona de exclusión aérea sobre Libia. Francia anuncia unha intervención aérea contra as forzas de Gaddafi. 18 de marzo A misión espacial MESSENGER entra en órbita arredor de Mercurio. A misión New Horizons alcanza a órbita de Urano despois dunha viaxe de 5 anos. 19 de marzo Unha alianza de países, amparados pola Resolución 1973 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, ataca en Libia as forzas de Gaddafi. Exipto celebra un referendo constitucional. Gaña o «si» co 77,27% dos votos. Despois de 18 anos, a Lúa chega ao seu perixeo (superlúa), o seu punto máis próximo da Terra, fenómeno acontecido por última vez en marzo de 1993. 23 de marzo - En Portugal, José Sócrates dimite como primeiro ministro ao non conseguir apoio para o novo plan de recortes consensuado coa Unión Europea. 31 de marzo - En Costa do Marfil as forzas rebeldes que apoian o presidente electo Alassane Ouattara cercan a capital controlada polas forzas leais ao presidente saínte Laurent Gbagbo, e Ouattara ameaza cun baño de sangue se Gbagbo non se rende.
Abril 2 de abril - En España, o presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero anuncia que non se presentará ás eleccións xerais de 2012, pedíndolle ao partido que convoque primarias para elixir o candidato despois das eleccións municipais do 22 de maio. 2 e 3 de abril - En Chile realízase o festival Lollapalooza. 4 de abril - Un terremoto de 7.2 graos sacode Mexicali (Baixa California, México). 7 de abril Mahamadou Issoufu toma posesión como presidente de Níxer Asasinato en masa nunha escola municipal de Río de Xaneiro, perpetrado por un exalumno, que resulta na morte de 12 adolescentes. O episodio ficou coñecido como Masacre de Realengo. 8 de abril - Portugal pide o rescate do fondo financeiro da Unión Europea, no que tamén participará o Fondo Monetario Internacional. 10 de abril - No Perú celébranse as eleccións xerais. 11 de abril En Costa do Marfil as forzas rebeldes que apoian o presidente electo Alassane Ouattara, con apoio de forzas militares francesas, arrestan o presidente saínte Laurent Gbagbo, póndolle fin aparentemente á Segunda guerra civil de Costa do Marfil. Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk, Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos. 16 de abril - En Nixeria celébranse eleccións presidenciais, que son gañadas por ampla marxe polo presidente saínte e candidato a reelección Goodluck Jonathan. 17 de abril - En Finlandia celébranse eleccións parlamentarias. 19 de abril - En Cuba, o presidente Fidel Castro renuncia de maneira definitiva. Seu irmán Raúl Castro convértese no primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba. miniatura|Lugar do atentado do 28 de abril. 28 de abril - Atentado en Marrakech (Marrocos) ocasionando a morte de 17 persoas. miniatura|O Príncipe Willian e Kate bicándose tras o seu casamento. 29 de abril - Casamento real do Príncipe William e Kate Middleton.
Maio 1 de maio Beatificación de Xoán Paulo II. Foi encontrada a primeira caixa negra do voo 447. 2 de maio Foi encontrada a segunda caixa preta do voo 447. Estados Unidos de América anuncia a morte de Osama bin Laden nun tiroteo en Paquistán debido a un asalto de tropas de elite estadounidenses. No Canadá celébranse eleccións parlamentarias e o primeiro ministro Stephen Harper é reelecto ao obter o seu partido a maioría absoluta. 5 de maio - No Reino Unido celébranse eleccións rexionais e municipais, e un referendo para consultar a aprobación dunha reforma do sistema electoral parlamentario para pasar do tradicional sistema uninominal por maioría simple ou relativa e unha soa volta a outro máis proporcional coas minorías; a reforma é rexeitada por esmagadora maioría popular. Supremo Tribunal Federal recoñece, por unanimidade, os dereitos das parellas gais no Brasil e é permitida a unión estable entre homosexuais. 6 de maio - No País Vasco, o partido político Bildu, relacionado coa esquerda abertzale, poderá concorrer ás eleccións municipais despois de que o Tribunal Constitucional ratificase as súas listas.«Contestación de Bildu a la sentencia del Constitucional», 20Minutos.es. 7 de maio - Nas illas Canarias conclúe a III Edición da ultramaratón de montaña da illa de La Palma, a Transvulcania e Miguel Heras consegue o novo récord desta carreira. 9 de maio - En Grecia, a crise financeira da débeda soberana acrecéntase ante os rumores dun novo rescate. As bolsas de toda Europa baixan ante a incerteza. 10 de maio - Última misión do Space Shutlle Endeavour con acoplaxe na ISS para instalar o espectrómetro Alfa para investigar a materia negra do espazo. 11 de maio - En Lorca rexístranse dous terremotos, de 4,4 e 5,2 graos na escalade Richter. Provocan 9 mortos, importantes danos materiais e a evacuación de 20 000 persoas. 12 de maio John Demjanjuk é condenado polo tribunal alemán pola morte de máis de 28 mil xudeus na Alemaña Nazi. Comezan os protestas por mellorías na educación no Chile.