San Mamede de Vilasouto é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres), un máis ca en 2006.

Historia A parroquia aparece mencionada nun documento do ano 982 do mosteiro de Samos, ao que pertenceu na idade media logo de que lle cedese o lugar Dona Ermesenda. Despois pasou a man da casa de Lemos até a fin do Antigo Réxime.

A igrexa de San Mamede de Vilasouto foi construída no século XII, época da que conserva a portada románica, aínda que a espadana e a nave son barrocas. O templo ardeu en 1936, cando perdeu a cuberta e sufriu danos no retablo. Restaurouse, mais pechouse ao culto en 1970 logo da construción do encoro de Vilasouto no río Mao, cando se edificou outra igrexa nova. En 2008 roubouse a pía bautismal, de granito e labrada no século XVII ou XVIII.

Destacan dúas construcións civís: o Pazo dos Campomanes e a Casa-Pazo de Calvos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vilasouto

Parroquias do Incio

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Incio

Categoría:Parroquias do Incio Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede