O Centro Acuático Nacional é un pavillón deportivo en Pequín (China) onde se celebraron as competicións de natación, natación sincronizada e saltos dos Xogos Olímpicos de 2008.

Consta de dúas piscinas, unha para as probas de natación e outra para as de saltos. Ten unha capacidade de 6.000 asentos permanentes, que se poden ampliar ata 11.000 en grandes acontecementos deportivos.

Polo seu deseño aseméllase a un enorme cubo de xeo, polo que é coñecido como Cubo de auga, ou abreviadamente [H2O]3.

Atópase no Parque Olímpico, distrito de Chaoyang, ao norte da capital chinesa, a poucos metros do Estadio Nacional.

Arquitectura O Cubo de auga foi deseñado pola firma australiana Arquitectos PTW Architects, CSCEC International Design & Arup con Structural Engineers Arup que se encargaron da estrutura. A estrutura foi construída por CSCEC (China State Construction Engineering Corporation). Comprendendo un marco espacial de aceiro, esta é a maior estrutura ETFE recuberta do mundo con máis de 100.000 m² de coxíns ETFE que só teñen un grosor dun oito por mil de polgada en total, o revestimento ETFE permite máis entrada de luz e maior calor có cristal tradicional, causando unha diminución do 30% en gastos de enerxía.

miniatura|dereita|325px|O Cubo de agua en construción

A parede externa está baseada na estrutura de Weaire-Phelan, unha escuma (a estrutura está inspirada nas burbullas de jabón).Beijing venues - National Aquatics Centre, on BBC Sports. O modelo está nun corte da escuma, e foi escollida antes cá escuma de Kelvin porque a estrutura de Weaire-Phelan resulta máis complexa debido a ser un modelo máis irregular.Welcome to WaterCube, the experiment that thinks it's a swimming pool by Peter Rogers in The Guardian, May 6 2004

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Official website ptw architects Arup chris bosse iconography Vector Foiltec homepage News and Project Information on the Watercube, Beijing Conceptualising, planning and engineering the Water Cube

Categoría:Pequín Categoría:Pavillóns de deportes