Taurus ou Touro (símbolo 20px, ) é unha constelación zodiacal; o seu nome en latín significa touro. Destaca no ceo invernal, entre Aries ó oeste e Xémini ó leste. Ó norte atópase Perseus e Auriga; ó sueste Orión, e ó suroeste Eridanus e Cetus.

Características destacables esquerda|150px|miniatura|Representación medieval de Taurus Aldebarán (α Tau), a estrela máis brillante da constelación, é unha xigante vermella de primeira magnitud, mentres que Elnath (β Tau) forma os cornos do touro xunto a ζ Tauri. Dúas estrelas variables na constelación, T Tauri e RV Tauri, son os prototipos de ambos tipos de estrelas que levan ós seus nomes.

Tauro conten dous dos cúmulos abertos máis coñecidos do firmamento: as Pléiades, onde cabe subliñar a Merope (23 Tau), e as Hyades, onde a súa estrela principal é γ Tauri.

Estrelas principais

α Tauri, coñecida coma Aldebarán, estrela xigante vermello-alaranxada de magnitude 0,87. β Tauri, chamada tamén Elnath, xigante branco-azulada de magnitude 1,68. γ Tauri (Hyadum I), xigante laranxa membro do cúmulo das Hyades de magnitude 3,65. δ Tauri, en realidade tres estrelas, todas membros das Hyades. δ1 Tauri (Hyadum II) é unha estrela semellante a Hyadum I. ε Tauri (Ain), xigante amarelo-laranxa membro das Hyades con magnitude 3,53 e onde se descubriu un planeta extrasolar. ζ Tauri, estrela binaria de magnitude 2,97 situada no corno sur do touro. η Tauri (Alcíone), a estrela máis brillante do cúmulo das Pléiades e a terceira da constelación con magnitude 2,85, é unha nova estrela branco-azulada. κ Tauri, estrela dobre visual onde ás súas compoñentes, de cor branca, están separadas 5,6 minutos de arco. λ Tauri, sistema estelar triplo e variable eclípsante. Merope (23 Tauri), estrela das Pléiades que ilumina a nebulosa de reflexión NGC 1435. 10 Tauri, estrela amarela situada a 45 anos luz cun posible disco circumestelar ó seu redor. 30 Tauri, nova estrela binaria de magnitude 5,06 cunha idade estimada inferior a 28 millóns de anos. T Tauri, estrela variable prototipo dunha clase de estrelas en proceso de formación e que aínda non teñen entrada na secuencia principal. AA Tauri, estrela T Tauri que posúe un disco protoplanetario no que se teñen detectado moléculas orgánicas. CE Tauri (119 Tauri), superxigante vermella, unha das estrelas máis grandes que se coñecen. RV Tauri, prototipo de estrelas variables intermedias entre as cefeidas e as variables Mira. RZ Tauri, binaria eclípsante de contacto onde se produce transferencia de masa entre as dúas estrelas. UX Tauri, sistema triplo formado por tres estrelas T Tauri; ó redor da máis brillante descubriuse un disco protoplanetario. HD 37124, estrela amarela con tres planetas coñecidos. CoKu Tauri/4, nova estrela T Tauri dun millón de anos de idade cun posible planeta extrasolar. HL Tau 76 (V411 Tauri), anana branca pulsante, variable do tipo ZZ Ceti.

Obxectos Notables do espazo profundo

M45, un cúmulo aberto de estrelas situado ó norte da constelación e coñecido coma as Pléiades. Dentro del atópase a Nebulosa de Merope (NGC 1435). As Hyades, un cúmulo aberto de estrelas que contribúe a forma-la "V" no ceo que forma o inicio da cabeza do touro. M1 ou Nebulosa do Cangrexo, formadas polos restos dunha supernova, a súa explosión, observada dende a Terra o 4 de xullo do 1054, foi o bastante brillante para verse de día. É mencionada en crónicas chinas e na poesía amerindia. Actualmente no seu interior pode estudarse un púlsar (Pulsar do Cangrexo), estrela anana moi densa que xira a gran velocidade. NGC 1514, nebulosa planetaria a uns 600 anos luz.

Mitoloxía dereita|200px|miniatura|Constelación de Taurus. Na mitoloxía grega, Tauro é a forma de touro co deus Zeus adoptou para seducir a Europa, unha mítica princesa fenicia. Tiveron tres fillos: Minos, o mítico rei de Creta, Sarpedón e Radamantis. Segundo outras versión, a constelación fai mención ó mito do Touro de Creta, unha das doce tarefas de Hércules.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Taurus BBC artigo referente á posibilidade de que Taurus fose representada en Lascaux Star Tales – Taurus

Categoría:Constelacións