Santiago de Albá é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 72 habitantes, deles 32 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Patrimonio A igrexa de Santiago de Albá é románica de finais do século XII, con reformas posteriores. Frontis con porta principal de arco de medio punto con dúas arquivoltas abucinadas, tímpano alintelado con cruz incisa inscrita nun círculo e capiteis sinxelamente decorados. No lateral sur ten outra porta románica moi decorada. Cruceiro de Albá.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Albá

Parroquias de Palas de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Palas de Rei

Categoría:Parroquias de Palas de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior