San Martiño de Curbián é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 86 habitantes, deles 45 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 104 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Martiño de Curbián é románica do século XII ou comezos do XIII, con reformas do século XIX. De planta rectangular, composta por nave, capela maior máis elevada e sancristía pegada no lateral norte. Frontis con porta de arco de medio punto, con columnas e capiteis, con ornamentación xeométrica o esquerdo e figurada o dereito. No lateral norte ábrese outra porta de arco de medio punto con decoración. No lateral sur do presbiterio sitúase a antiga fiestra románica da primitiva ábsida derrubada no XIX. Pazo de Ulloa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Curbián

Parroquias de Palas de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Palas de Rei

Categoría:Parroquias de Palas de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño