San Cibrao da Repostería é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 53 habitantes, deles 28 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Cibrao da Repostería é románica do século XII con profundas reformas posteriores no século XIX. Conserva só a nave da súa primitiva traza, a ábsida e o arco toral desapareceron. Frontis con porta principal de arco de medio punto oculto por un lintel pentagonal, cunha cruz incisa de dobre trazo transversal, culminando nunha espadana dun só van. No lateral sur presenta outra porta de arco de medio punto con tímpano decorado cunha cruz de oito brazos inscrita nun círculo.

O pazo de Leilón.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Cibrao da Repostería

Parroquias de Palas de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Palas de Rei

Categoría:Parroquias de Palas de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrao