San Xoán de Silvarrei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 365 habitantes (187 homes e 178 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.
Patrimonio Na parroquia apareceu un bifaz do período Achelense (500.000 - 95.000 a.C.). É unha zona con importante presenza de mámoas: preto das aldeas de Constante e Silvarrei e mais no Monte Tras as Rozas localizáronse entre 15 e 20 túmulos.
O Camiño Vello ou Camiño Real atravesa o barrio de Constante, onde se conserva parte dunha pequena ponte de construción antiga.
Festas San Xoán no mes de xuño.
Lugares e parroquias Lugares de Silvarrei
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Silvarrei na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán