Tucana ou Tucano, é unha constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada polos navegantes holandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, coma resultado das súas exploracións polos mares do hemisferio sur. Apareceu por primeira vez na obra Uranometria (1603), de Johann Bayer. Representa o tucano, unha especie de ave tropical oriúnda de Suramérica.

Mitoloxía Tucana é unha constelación moderna inventada a finais do século XVI. Polo que non ten ningún elemento mitolóxico asociado.

Estrelas notables Nome Mag. α(J2000.0) δ(J2000.0) Distancia anos luz Comentarios Alfa (α) Tucanae 2,87 22h 18m 30,1s −60° 15' 35" 199 ± 7 estrela binaria astrométrica. Zeta (ζ) Tucanae 4,23 00h 20m 04,3s −64° 52' 29" 28 ± 0,2 anana amarela semellante ó Sol. Kappa (κ) Tucanae 4,25 01h 15m 46,1s −68° 52' 34" 66,6 Grupo de catro estrelas: dúas estrelas binarias; κ Tuc A (mag. 5,1) e κ Tuc B (mag. 7,3), κ Tuc C (mag. 7,8) e κ Tuc D (mag. 8,2). Beta (β) Tucanae 4,36 (β¹) 00h 31m 32,7s (β¹) −62° 57' 29" (β¹) 140 (β¹) sistema múltiple de seis estrelas: β¹ Tuc (mag. 4,36), β² Tuc (mag. 4,53), β³ Tuc A (mag. 5,8), β³ Tuc B (mag. 6,0) son as máis brillantes O sistema β³ Tuc é binario, algo separado de β¹ e β², pero aparentemente asociado a elas. Nu (ν) Tucanae 4,91 22h 33m 00,1s −61° 58' 56" 273 ± 4 estrela variable; variación: 4,75–4,97 cun período irregular Theta (θ) Tucanae 6,11 00h 33m 23,3s −71° 15' 58" 490 ± 38 estrela variable tipo δ Scuti; variación: 6,06-6,15 en períodos de 1,18 h a 1,45 hLambda (λ) Tucanae (λ Tuc / λ Tucanae) 6.67 00h 52m 24.3s −69° 30' 16" 200 ± 19 Binaria óptica, as dúas estrelas son chamadas Lambda 1 e Lambda 2. Lambda 1 é un sistema binario (os datos amosados á esquerda pertencen a Lambda 1). HD 221287 7,82 23h 31m 20,3s −58° 12' 35" 173 estrela cun planeta extrasolar a 1,25 UA da estrela. Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinaciónFonte: The Bright Star Catalogue, 5ª ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200

Obxectos notables do espazo profundo Entre os obxectos máis destacables desta constelación, o máis destacado é a Pequena Nube de Magalhães, unha das galaxias satélite da Vía Láctea; seguida moi de preto por 47 Tucanae ou 47 do Tucano (NGC 104), o segundo cúmulo globular máis brillante de todo ó firmamento. Este atópase a 13.400 anos luz de nós. Semellante á pequena nube de Magallanes, pero moito máis apagada, está á Galaxia Anana do Tucano, descuberta no 1990.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Tucana Star Tales – Tucana

Categoría:Constelacións