San Lourenzo de Sasdónigas é unha parroquia do concello de Mondoñedo na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 107 habitantes, deles 43 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Etimoloxía do topónimo O corónimo Sasdónigas procede do latín, sendo un composto de sala (aula) + dominica (do dono, do señor). O latín sala dá, en galego, sá. Nos primeiros documentos que citan este lugar, efectivamente é chamado Salasdónigas.
Lugares e parroquias Lugares de Sasdónigas
Parroquias de Mondoñedo
Notas
Categoría:Parroquias de Mondoñedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo