Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria).
Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área):
ou
onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a área
Aínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección. A unidade no SI para medir a presión é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton por unha área de 1 metro cadrado (N/m2). A presión exercida pola atmosfera ao nivel do mar corresponde a 101 325 Pa, e ese valor é normalmente asociado a unha unidade chamada atmosfera patrón.
A presión relativa defínese como a diferenza entre a presión absoluta e a presión atmosférica. O aparello destinado a medir a presión relativa é o manómetro. A presión atmosférica mídese cun barómetro.
Para informacións sobre a presión interna exercida polo sangue no organismo humano, vexa presión arterial.
Outras unidades
Atmosfera é a presión correspondente a 0,760 m de Hg de densidade 13,5951 kg/m³ e nunha aceleración da gravidade de 9,80665 m/s2
Baria é a unidade de presión no sistema CGS e vale unha dyna/cm2
Bar é un múltiplo da Baria : 1 bar = 106 barias
Psi (pound per square inch), libra por polgada cadrada, é a unidade de presión no sistema inglés/americano
A táboa presenta os valores para a transformacións das unidades;
explo: 1 atm = 1,013.10+5 Pa
Atmosfera Pascal Baria Bar milibar mm Hg m H2O kgf/cm2 Atmosfera 1 1,013.10+5 1,013.10+6 1,013 1013 760,0 10,33 1,033 Pascal 9,869.10-6 1 10 10-5 0,01 7,501.10-3 1,020.10-4 1,019.10-5 Baria 9,869.10-7 0,1 1 10-6 0,001 7,501.10-4 1,020.10-5 1,020.10-2 Bar 0,9869 100000 1000000 1 1000 750,1 10,20 1,020.10+4 milibar 9,869.10-4 100 1000 0,001 1 0,7501 1,020.10-2 10,20 mm Hg 1,316.10-3 133,3 1333 1,333.10-3 1,333 1 1,360.10-2 13,60 m H2O 9,678.10-2 9807 9,807.10+4 9,807.10-2 98,06 73,56 1 0,100 kgf/cm2 0,968 9,810.10-4 9,810.10+5 0,9810 981,0 735,8 10,00 1
Propiedades da presión nun medio fluído A presión nun punto dun fluído en repouso é igual en todas as direccións (principio de Pascal). A presión en todos os puntos situados nun mesmo plano horizontal dun fluído en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é a mesma. Nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce no interior do fluído unha parte deste sobre a outra é normal á superficie de contacto (Corolario: nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce o fluído sobre a superficie sólida que o contén é normal a esta). A forza asociada á presión nun fluído ordinario en repouso diríxese sempre cara ao exterior do fluído, polo que debido ao principio de acción reacción, resulta nunha compresión para o fluído, xamais unha tracción. A superficie libre dun líquido en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é sempre horizontal. Iso é certo só na superficie da Terra e a simple vista, debido á acción da gravidade non é constante. Se non hai accións gravitatorias, a superficie dun fluído é esférica e, polo tanto, non horizontal. Nos fluídos en repouso, un punto calquera dunha masa líquida está sometida a unha presión que é función unicamente da profundidade á que se encontra o punto. Outro punto á mesma profundidade, terá a mesma presión. Á superficie imaxinaria que pasa por ambos puntos denomínase superficie equipotencial de presión ou superficie isobárica.
Notas
Categoría:Presión