Santalla de Pascais é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 63 habitantes, deles 34 eran homes e 29 eran mulleres.
Historia A parroquia foi doada por Pedro García ao mosteiro de Samos no ano 1098.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santalla de Pascais conserva da súa orixe románica a ábsida e o lateral norte con porta de arco de medio punto. No interior hai un retablo barroco no que destacan as imaxes de Santa Baia, Inmaculada, San Pedro e San Bieito.
Lugares e parroquias Lugares de Pascais
Parroquias de Samos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos
Categoría:Parroquias de Samos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla