A Gándara é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 236 habitantes (114 homes e 122 mulleres). Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.

Toponimia Debe o seu nome a ser un sitio moi aberto, ventoso, e bastante fríoDiccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997, lindante polo poñente coa serra de Argallo.

Historia Descoñécese a época da súa fundación. Quizais fora un barrio con soamente unha ducia de veciños contando as edificacións máis antigas.

As xentes de maior idade contaban que en 1664, durante a guerra contra Portugal, ó queimaren os portugueses as casas do Couto de Goián, as súas xentes fuxiran cara ao monte, facendo alí as súas casas, especialmente no lugar chamado o Feal que o párroco consideraba como barrio, pois nos libros de bautizados, casamentos e defuntos figuran inscritos nese barrio. A última persoa falecida que moraba en dito lugar foi Ninfa Barreiro Domínguez, nada no Feal en 1860 e falecida en 1931 na Gándara.

Tamén é de salientar a posta en funcionamento polo veciño Aquilino Alonso e súa muller nos anos da pos-guerra civil de España, dunha das primeiras industrias lácteas da comarca, estivo en funcionamento unhas décadas.

Nese barrio vivían algunhas familias que quizais viñeran de fóra da rexión, como "os Maragatos" ou os "Pílos".

Lugares e parroquias Lugares de Goián

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Lugares de Tomiño