+Distrito de RigaRīgas rajons(1991-2009) 200px Topónimo oficial Rīgas rajons País Letonia Superficie 3 132 km² Fundación 1991 Extinción 2009 Poboación: - Total 156 883 (2006) - Densidade 46,09 hab./km²
Riga (en letón: Rīgas rajons) é un antigo distrito de Letonia (anteriormente condado de Riga).
A súa capital era a cidade de Riga.
O disrito ou condado limitaba co golfo de Riga ao norte e, no sentido antihorario, cos distritos de Tumkuns, Jelgava, Bauska, Ogre, Cēsis e Limbaži.
O de Riga era un dos maiores distritos de Letonia, posuía unha grande importancia estratéxica, sendo o distrito coas mellores infraestruturas e o motor económico do país.
Xeografía 270px|miniatura|Paisaxe O distrito de Riga ocupaba unha extensión de 3 132 km².
No ano 2006 tiña unha poboación de 156 883 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 46,09 hab./km²
Existen 132 lagos no distrito, sendo os maiores: Babītes ezers, Lielais Baltezers, Mazais Baltezers, Dūņu ezers e Lilastes ezers.
O distrito é percorrido por 3 dos maiores ríos de Letonia: o Daugava, o Lielupe e o Gauja.
A parte nordeste do antigo distrito de Riga estaba cuberta polos bosques caducifolios máis grandes de Letonia.
O Parque Nacional de Gauja forma parte destes bosques e ten máis de 900 especies de plantas, 48 de mamíferos e 149 de aves..
Historia Neste distrito situouse un dos primeiros asentamentos humanos antigos que datan do século IX a.C. Ao longo do tempo, as localidades do distrito de Riga tiveron o seu rexurdimento, e tamén diminucións causadas por guerras e disturbios. Esta terra foi ocupada por cruzados alemáns e os exércitos suecos, polaco-lituanos, saxóns, alemáns e rusos. Máis de 300 monumentos de importancia cultural e histórica que figuran na lista de protección do patrimonio cultural fálannos dos feitos máis importantes da historia local. As razóns do rápido desenvolvemento do distrito de Riga pódense encontrar na súa posición xeográfica, os recursos humanos e naturais e o rico patrimonio cultural e histórico. Polas mesmas razóns esta rexión foi valiosa para o turismo, o lecer e as viaxes de negocios.
Tras a reforma territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2009, os distritos de Letonia foron eliminados, e o país dividiuse en 110 municipios (en letón, novadi) e 9 cidades republicanas (en letón, Republikas pilsētas), cada unha coa súa apropia administración.Rajonu pašvaldību reorganizācijas likums (Lei Distrital de Reordenación da Administración Local). Consultada o 10 de febreiro de 2022.
Cidades As cidades de Riga e Jūrmala atópanse no interior do distrito, porén, posúen administracións independentes de seu. Alén destas cidades, as maiores son: Salaspils: próxima a Riga; Olaine: centro de industria química; Sigulda: principal atracción turística de fermosas paisaxes e un castelo do século XIII. Baldone Baloži Saulkrasti Vangaži
Notas
Véxase tamén
Outros aritigos Organización territorial de Letonia Xeografía de Letonia
Ligazóns externas Fotos de Riga e o seu distrito.
Categoría:Historia de Letonia Categoría:Xeografía de Letonia