José Manuel Balseiro Orol, nado en Ferreira do Valadouro o 2 de xullo de 1962, é un político galego do PPdeG e deputado no Parlamento de Galicia.

Traxectoria Foi director comercial de ALCO S.A. durante 16 anos, e coordinador do equipo de venda en España e Portugal.

Está casado e ten dous fillos.

Política Militante activo do Partido Popular desde o ano 1994 en Cervo, na parroquía de San Xoán de Cornos, o seu municipio de residencia, exerce desde 1999 o posto de 1º Tenente de Alcalde do concello, ocupándose tamén da portavocía do Grupo Municipal Popular.

Foi importante a súa aportación e apoio na consolidación da Festa da Cachucha de Cervo, hoxe referente na comarca.

Dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilízase da portavocía do Mar (pesca) e Montes (forestal e incendios). Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo desta formación política na provincia de Lugo. Dende o 21 de novembro de 2016 ata o ano 2020 foi o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo. Na actualidade ostenta os cargos de Coordinador comarcal do PP na Mariña lucenseCuadrado, M.: "Balseiro, elegido coordinador comarcal del PP, «no congreso da unidade»" 16/5/2016, La Voz de Galicia . e asesor gastronómico do comité executivo provincial.

Foi secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Páxina web: www.josemanuelbalseiro.es

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1962 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia