Non confundir con Yolanda Díaz Pérez (Fene 1971), dirixente política galega, membro do Goberno de España.

Iolanda Díaz Gallego, nada en Sarria en 1934, é unha activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega no Uruguai e Cataluña.

Traxectoria Logo de estudar na Coruña Peritaxe Mercantil, rematando en 1952, ó ano seguinte trasladouse coa súa nai e irmáns a Montevideo, onde comezou a traballar no Banco de Galicia do que foi secretaria xeral. Na capital uruguaia mantivo unha estreita relación co colectivo de emigrantes e exiliados, colaborou na publicación da Historia de Galicia de Ramón Otero Pedrayo e participou na emisión radial Sempre en Galicia durante 20 anos. Foi unha das fundadoras do Teatro Popular Galego de Montevideo e do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1976 estabeleceuse coa súa familia en Barcelona. Alí participou na creación da Asociación O Penedo e colaborou entre 1973 e 1981 no programa A Nosa Galicia de Radio Miramar e na Radio Galega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Yolanda Díaz Gallego: <<Toda unha vida adicada a Galicia>> 03/10/2012 - El Progreso (Sarria).

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes