San Fagundo de Ribas de Miño é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2013 tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 17 habitantes.

Toponimia Segundo Nicandro Ares San Fagundo de Ribas de Miño foi priorado subsidiario do mosteiro cisterciense de Castro de Rei. O nome está relacionado con ribeiras do río Miño .

Patrimonio Mosteiro de San Fagundo de Ribas de Miño. Ermida de Santa María de Pena Redonda. Capela de Santa Marta.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Fagundo de Ribas de Miño

Parroquias de Paradela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paradela

Ligazóns externas San Fagundo de Ribas de Miño na web do concello de Paradela

Categoría:Parroquias de Paradela Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fagundo