Bagrat Vasilievich Shinkuba (en abkhazo, Багра Уасыл-иа Шьынқәба), nado o 12 de maio de 1917 e finado o 25 de febreiro de 2004, foi un literato, poeta, historiador, lingüista e político abkhazo.

Traxectoria Estudou a historia e as linguas dos abkhazos, os adigueses e os ubikhes. A súa novela Poslednii iz ushedshikh : istoricheskiii roman está dedicada ao tráxico destino da nación ubikhe, que se extinguiu nos últimos cen anos.

Entre 1958 e 1978 foi o Presidente do Consello Supremo da República Socialista Soviética Autónoma de Abkhazia.

O seu busto aparece nunha das moedas conmemorativas emitidas en Abkhazia."10 Apsars B. V. Shinkuba". Numista.com

Obra Posledniĭ iz ushedshikh : istoricheskiĭ roman Иалкаау иоымтакуа

Categoría:Escritores en lingua abkhaza Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Nados en Abkhazia