O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, coñecido ata 2018 como Estadio Multiúsos de San Lázaro, é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Nel caben 16.666 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros. Leva o nome da futbolista compostelá Verónica Boquete.
Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nas súas instalacións teñen as súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.
Historia miniatura|Interior do estadio. Fútbol Formado en 1962, a SD Compostela comezou xogando no Estadio da Residencia da Universidade de Santiago de Compostela mentres se remataba a construción do Campo Municipal de Santa Isabel. O 22 de setembro de 1963 inaugurouse o dito campo. Tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas. A SD Compostela xogou nese campo ata 1993 (o seu filial ata 2003, cando o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel).
Os traballos de construción do Multiúsos de San Lázaro comezaron en 1991, no arrabalde leste da parroquia de San Lázaro. O estadio ten forma oval e o tellado de cor terracota, deseñado para aguantar unha posible ampliación cun segundo chanzo no lado oeste. O campo está rodeado dunha pista de atletismo de 400 metros de lonxitude, algo inusitado nos estadios españois. A maior parte dos seareiros poden estar sentados en cadeiras individuais, todos eles baixo cuberto.
A inauguración tivo lugar o 24 de xuño de 1993, cun torneo a catro entre o Deportivo da Coruña, CD Tenerife, CA River Plate e São Paulo FC. O Dépor e o River Plate xogaron o primeiro partido, marcando Bebeto o primeiro gol.
O 8 de novembro de 2018 o Concello de Santiago de Compostela aprobou o cambio de nome do estadio en recoñecemento a Vero Boquete, unha das mellores futbolistas galegas.
Atletismo O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro ten unha das 2 pistas de atletismo da capital galega, sendo a outra a do Estadio Universitario. A pista de atletismo de San Lázaro ten 8 carreiros pero realmente non chega ós 400 metros de lonxitude (por uns centímetros), polo cal o concello de Santiago de Compostela nunca puido acadar a homologación por parte da Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais. Non obstante, varios clubs de atletismo locais empregan as instalacións de atletismo do estadio para adestrar, sendo o número de usuarios rexistrados próximo ós 350, uns 300 federados e outros 50 particulares. Actualmente o horario de apertura para adestrar é de 17:00 a 22:00 horas, e calquera persoa pode empregar as instalacións de balde, previo rexistro nas oficinas do estadio.
Eventos deportivos Encontros da selección galega de fútbol
Encontros da selección española feminina de fútbol
Encontros da selección española de rugby 16 de marzo de 201318:00h España 9 - 9 PortugalSan Lázaro: 3.500 espectadores.Árbitro: Cedric Marchat
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Estadio Multiusos de San Lázaro Información na páxina do Concello de Santiago
Categoría:Campos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Santiago de Compostela Categoría:Atletismo en Galicia