Caio Xulio César (en Fully, Imperator Gaius Iulius Gaii filius Gaii nepos Caesar Patris Patriae ("Imperator Gaius Julius Caesar, fillo de Gaius, neto de Gaius, Pai do seu País") (Suetonius, Divus Julius 76.1). Nome oficial despois da deificación en 42 AC: Divus Iulius ("O Divino Xulio").), nado o 13 de xullo do ano 100 a. C. e finado o 15 de marzo do 44 a. C., foi un xeneral romano, home de estado, cónsul e autor de prosa en latín. Xogou un papel moi importante nos eventos que levaron á desaparición da República Romana e á creación do Imperio Romano. No ano 60 a. C., César, Craso e Pompeio formaron unha alianza política que dominou a política romana durante varios anos. Os seus intentos de recadar poder a través de tácticas populistas eran opostos á clase dirixente conservadora xunto co Senado romano, entre eles, Catón o Novo e Cicerón. As vitorias de César na Guerra das Galias, estenderon o territorio de Roma ata a Canle da Mancha e o río Rin. César converteuse no primeiro xeneral romano en cruzar ambos mediante a construción dunha ponte sobre o Rin e o liderado da invasión de Britania.
Estes logros garantíronlle unha potencia militar incomparable que ameazaba con eclipsar a situación de Pompeio, que se unira ó Senado así mesmo despois da morte de Craso en 53 a. C.. Coa Guerra das Galias rematada, o Senado ordenou a César renunciar ó seu mando militar e regresar a Roma. César rexeitou a orde, e no canto diso desafiou o Senado en 49 a. C. cruzando o Rubicón cunha lexión, abandonando a súa provincia e entrando ilegalmente na Italia romana. O conflito deveu nunha Guerra civil, e a vitoria de César na guerra outorgoulle unha posición privilexiada de poder e influencia.
Despois de asumir o control do goberno, César comezou un programa de reformas sociais e de goberno, incluíndo a creación do calendario xuliano. Centralizou a burocracia da República e foi proclamado "ditador en perpetuidade", o cal lle proporcionaba unha autoridade adicional. Mais o conflito político subxacente non estaba resolto, e nos idos de marzo (15 de marzo de 44 a. C.), César foi asasinado por un grupo de senadores rebeldes liderados por Marco Xunio Bruto. Unha nova serie de guerras civís comezou, e o goberno constitucional da República nunca foi restaurado. O herdeiro adoptivo de César, Octavio, coñecido posteriormente como Augusto, subiu ó poder despois de derrotar a tódolos seus rivais na guerra civil. Octavio comezou a fornecer o seu poder, e comezou a era do Imperio Romano.
A maior parte da vida de César é coñecida polos seus escritos nas campañas militares, e por outras fontes do seu tempo, como as cartas e discursos de Cicerón e os escritos históricos de Salustio. As biografías posteriores de César, escritas por Suetonio e Plutarco, son tamén grandes fontes de información. César é considerado como un dos meirandes comandantes militares da historia.
Traxectoria Inicios Procedente dunha das máis antigas familias do patriciado romano, os Xulios, foi educado con esmero con mestres gregos. Pasou unha xuventude disipada, na que comezou axiña a achegarse ao partido político "popular", ao cal o unía a súa relación familiar con Mario. Por esta razón, a animadversión do ditador Sila obrigouno a exiliarse por algún tempo a Bitinia. Gañou o apoio da plebe subvencionando festas e obras públicas. E foi acrecentando o seu prestixio nos diferentes cargos que ocupou: cuestor (no ano 69 a. C.), edil (65), gran pontífice (63), pretor (62) e propretor da Hispania Ulterior (61-60 a. C.). Alí tivo éxito nunha campaña militar contra os lusitanos. Tras esta, realizou unha expedición ao litoral da Gallaecia ata chegar a Brigantium.
O triunvirato De volta a Roma, conseguiu un grande éxito político ao reconciliar os dous líderes rivais, Craso e Pompeio, aos que uniu consigo mesmo mediante un acordo privado para repartírense o poder formando un triunvirato e así opoñerse aos optimates que dominaban o Senado (60). Ao ano seguinte, César foi elixido cónsul e as medidas que adoptou viñeron a acrecentar a súa popularidade: repartiu lotes de terra entre veteranos e parados, aumentou os controis sobre os gobernantes provinciais e deu publicidade ás discusións do Senado.
Pero a ambición política de César ía máis alá e, buscando a base para obter un poder persoal absoluto, fíxose conceder por cinco anos -do 58 ao 51- o control de varias provincias: (Galia Cisalpina, Galia Narbonense e Iliria). O triunvirato foi fortalecido polo Convenio de Luca (56), que aseguraba vantaxes para cada un dos seus compoñentes; pero respondía a un equilibrio inestable, que iría evolucionar cara á concentración do poder nunha soa man. Craso morreu durante unha expedición contra os partos (53) e a rivalidade entre César e Pompeio non encontrou freo unha vez morta Xulia, a filla daquel, casada con este (54). Guerra das Galias
Entrementres, César lanzárase á conquista do resto das Galias. Derrotou os helvecios en Bribacte e o caudillo Ariovisto en Alsacia. Derrotou os nervios e eburones, o que lle permitiu ocupar todo o territorio das tribos belgas. Venceu tamén os Vénetos de Armórica. Como consecuencia, triunfou na conquista das Galias que non só completou, senón que asegurou lanzando dúas expedicións a Britania cruzando o Canal da Mancha e outras dúas a Xermania, cruzando o río Rin. Con isto chegou a dominar un vasto territorio, que ofrecía a Roma unha obra comparable á de Pompeio en Oriente.
Esmagou a rebelión de Vercinxetórix, que depositou as armas aos seus pés tras o asedio e toma de Alesia. Isto supuxo a derrota definitiva dos galos (52 a. C.).
Guerra civil O prestixio e o poder acadados por César preocuparon a Pompeio, elixido cónsul único en Roma no medio dunha situación de caos polas loitas entre mercenarios (52). Conminado polo Senado a licenciar as súas tropas, César preferiu enfrontarse a Pompeio, a quen o Senado confiara a defensa da República como derradeira esperanza de salvagardar a orde oligárquica tradicional.
Tras pasar o río Rubicón -que marcaba o límite da súa xurisdición-, coa súa célebre frase alea iacta est (a sorte está deitada), César iniciou unha guerra civil de tres anos (49-46) na que resultou vitorioso: conquistou primeiro Roma e Italia, despois invadiu Hispania derrotando os pompeianos en Ilerda. Posteriormente, a campaña trasladouse aos Balcáns; alí acadou a brillante vitoria da batalla de Farsalia que supuxo a rendición de 20.000 pompeístas e a derrota directa do propio Pompeio. Finalmente, dirixiuse a Oriente, onde este se refuxiara. Perseguíndoo, chegou a Exipto, onde aproveitou para intervir nunha disputa sucesoria da familia faraónica, tomando partido en favor de Cleopatra ("Guerra alexandrina", 48-47).
Asasinado Pompeio en Exipto, César proseguiu a loita contra os seus partidarios. Primeiro tivo que vencer o rei do Ponto, Farnaces, na batalla de Zela (47), que definiu coa súa soada sentenza "veni, vidi, vici" ("cheguei, vin e vencín"); despois derrotou os últimos pompeístas que resistían en África (batalla de Tapso, 46) e os propios fillos de Pompeio en Hispania (batalla de Munda, preto de Córdoba, 45). Vencedor en tan longa guerra civil, César calou os descontentos repartindo dádivas e recompensas durante as celebracións que organizou en Roma pola vitoria.
miniatura|esquerda|320px|Morte de Xulio César, obra de Vincenzo Camuccini, 1798.
Ditadura Unha vez dono da situación, César acumulou cargos e honras que fortaleceron o seu poder persoal: cónsul por dez anos, prefecto dos costumes, xefe supremo do exército, pontífice máximo (sumo sacerdote), ditador perpetuo, emperador con dereito de transmisión hereditaria...; a súa estatua comezou a colocarse en todos os templos, mais tamén rexeitou o diadema real que lle ofreceu o seu xeneral Marco Antonio. O Senado foi reducido a un mero consello do príncipe. Estableceu así unha ditadura militar disimulada pola aparencia de acumulación de maxistraturas civís. Reservouse o dereito de nomear e cesar funcionarios, organizou un censo de cidadáns, ditou a Lex Iulia Municipalis, repartiu terras entre as súas tropas, reformou o calendario, o fornecemento das provincias, ampliou o número de senadores a 900 e promoveu grandes obras civís.
Final e significación O temor a que abolise o sistema republicano a prol dunha acumulación de poderes na súa persoa alentou unha conspiración contra el. Morreu asasinado no senado nos idos (quince) de marzo nunha conxura dirixida por Casio e Bruto que lle impediu completar as súas reformas. Porén, deixou terminadas algunhas, como o cambio do calendario (que se mantivo até o século XVI), unha nova lei municipal que concedía maior autonomía ás cidades, a reconversión como agricultores das masas italianas proletarizadas, o establecemento de colonias en lugares propicios para o comercio...; todo apuntaba a transformar Roma, da cidade-estado que fora, á fronte dun imperio que abranguese a práctica totalidade do mundo coñecido, ao mesmo tempo en que se transformaba a súa vella constitución oligárquica por unha monarquía autoritaria de tinturas populistas; a dita obra sería completada polo seu sobriño-neto e sucesor, Octavio Augusto.
Vida persoal Saúde e aparencia física Segundo as observacións de Plutarco,Plutarco, Caesar 17, 45, 60; véxase tamén Suetonio, Julius 45. é probable que César sufrise de epilepsia. Os estudosos modernos están divididos sobre o tema, e algúns cren que puido estar infectado de malaria.Ronald T. Ridley, "The Dictator's Mistake: Caesar's Escape from Sulla," Historia 49 (2000), pp. 225–226, citing doubters of epilepsy: F. Kanngiesser, "Notes on the Pathology of the Julian Dynasty," Glasgow Medical Journal 77 (1912) 428–432; T. Cawthorne, "Julius Caesar and the Falling Sickness,” Proceedings of Royal Society of Medicine 51 (1957) 27–30, who prefers Ménière's disease; and O. Temkin, The Falling Sickness: A History of Epilepsy from the Greeks to the Beginnings of Modern Neurology (Baltimore 1971), p 162. Varios especialistas en medicina cren que no canto de epilepsia, unha diagnose máis exacta podería ser xaquecas.Seymour Diamond and Mary Franklin, Conquering Your Migraine: The Essential Guide to Understanding and Treating Migraines for all Sufferers and Their Families, (New York: Fireside, 2001), 19. Outros estudosos sosteñen que os seus ataques epilépticos se debían a unha infección parasitaria no cerebro.
César tivo catro episodios documentados do que puideron ter sido crises parciais complexas. Tamén é probable que tivese crise de ausencia na súa xuventude. As máis antigas referencias a estas aprehensións foron feitas polo biógrafo Suetonio, que naceu despois da morte de César. A alegación de epilepsia é rebatida polos historiadores médicos coa reivindicación da hipoglicemia, que á súa vez pode causar episodios de epilepsia.
No 2003, o psiquiatra Harbour F. Hodder publicou un estudo sobre o que denominou a teoría do "Complexo César", segundo a cal, César adoecía de epilepsia do lóbulo temporal, e a debilitación da súa condición foi o factor relevante na decisión de César de renunciar ós gardas persoais nos días previos ó seu asasinato.
A partir dun verso de Shakespeare pode interpretarse que César era xordo dun oído: Ven á miña dereita, por esta orella estou xordo.William Shakespeare, Julius Caesar I.ii.209. Ningunha fonte clásica menciona dificultades auditivas en relación a César. A obra de Shakespeare puido facer un uso metafórico da pasaxe na que Plutarco non se refire á xordeira, senón a un xesto que facía comunmente Alexandre de Macedonia. Cubrindo a súa orella, Alexandre indicaba que a súa atención cambiara de escoitar a acusación a escoitar a defensa.Plutarch, Alexander 42; Jeremy Paterson discussing Caesar's health in general in "Caesar the Man," A Companion to Julius Caesar (Wiley-Blackwell, 2009), p. 130 online.