Tzipora Malka (Tzipi) Livni (en hebreo ציפורה מלכה "ציפי" לבני), nada en Tel Aviv o 5 de xullo de 1958, é unha política israelí.

Traxectoria Tzipi (pronunciado Tsipi) Livni é filla de Eitan Livni, un inmigrante polaco que participou no movemento sionista coma comandante do Irgún, e que tamén chegou no seu momento a ser membro da Knesset polo Likud, e Sarah Rosenberg, tamén oficial do Irgún.

Livni foi tenente no Tzahal (Forzas de Defensa Israelís) e membro do Mossad. Está diplomada en Dereito pola Universidade de Bar Ilan na especialidade de Dereito Público e Mercantíl, e exerceu durante varios anos coma avogada. Na actualidade reside en Tel Aviv co seu esposo, o publicista Naftalí Shpitzer, e os seus dous fillos, un deles soldado na Mariña e outro estudante.

É vexetariana dende os doce anos, defensora dos animais, xogou ao baloncesto no equipo Elizur Tel Aviv Del Mossad a la jefatura del Gobierno], en ''[http://www.elmundo.es elmundo.es, toca a batería La ex espía que quiere gobernar e conta cun coeficiente intelectual de 140.

Etapa no Mossad No 1980, cando contaba con vinte e dous anos de idade, Livni ingresou no servizo de espionaxe israelí, o Mossad, onde foi recrutada por unha amiga de infancia, Mira Gal, que entón traballaba coma axente e a día de hoxe é a súa xefa de gabinete. Nel permaneceu ata o 1984, estando destinada en París.

Nesa época o Mossad mantiña na capital francesa dous centros, dende os que se levaban a cabo operacións contra as faccións palestinas operativas na cidade, así coma contra os intentos de Saddam Hussein por acadar armanento nuclear, se ben non transcendeu o contido das tarefas que levou a cabo durante ese período.

Livni abandonou o Mossad ao contraer matrimonio Tzipi Livni. Sus enigmáticos años como agente secreto israelí.

Traxectoria política Até o 18 de xullo de 2008 foi a Ministra de Asuntos Exteriores e Viceprimeira ministra. É a segunda muller, tras Golda Meir, en ocupar a carteira de Exteriores. Figura emerxente da política non só israelí, estaba xa considerada o número dous do Goberno, tras o ex-primeiro ministro Ehud Olmert.

Inicios

Desde que conseguiu o seu escano na Knesset polo Likud no ano 2001, desempeñou diversas carteiras ministeriais, como a de Agricultura, a de Cooperación Rexional e a de Inmigración. Desde o 10 de xaneiro de 2005 ocupou o cargo de Ministra de Xustiza. Moi valorada tanto pola esquerda como pola dereita israelí, Livni recibiu o premio "Goberno de Calidade" do ano 2004 Biografía en Ynet, galardón que se outorga á figura máis destacada no seu exercicio.

Livni apoiou sen fisuras o plan de retirada unilateral israelí da franxa de Gaza, unha iniciativa proposta e aplicada por Ariel Sharon, e estaba xa daquela considerada coma unha das principais líderes centristas do Likud. A miúdo tivo que mediar entre os elementos máis extremos dentro do seu propio partido, e gañou gran popularidade por mor dos seus esforzos por conseguir que a Knesset aprobase a retirada de Gaza. O 12 de novembro de 2005 foi a primeira política da dereita israelí que participou na conmemoración oficial do décimo aniversario do asasinato de Isaac Rabin .

Traxectoria no Kadima

O 20 de novembro de 2005, Livni seguiu os pasos de Ariel Sharon, saíndo do Likud e uníndose ao seu novo partido centrista, o Kadima. Tras o derramo cerebral que sufriu Ariel Sharon o 4 de xaneiro de 2006, que o deixou incapacitado para seguir no cargo, algúns especularon con que Livni podería ser a nova presidenta do Kadima. Con todo, foi Ehud Olmert finalmente o elixido para liderar o partido, aínda que non tiña nin o carisma nin a popularidade de Livni. Tras formar un novo goberno en marzo de 2006, Olmert nomeou a Livni Viceprimeira Ministra e Ministra de Asuntos Exteriores, o que a converteu na número dous do goberno encabezado por Olmert. O 30 de xullo do 2008 e tras o anuncio do primeiro ministro, Ehud Olmert de non presentarse ás internas do Kadima, Livni presentouse ás mesmas

Primarias no Kadima

Livni resultou gañadora desas primarias Tzipi Livni obtiene la victoria en las elecciones internas del Kadima, aínda que por só 431 votos de diferenza (1,1%) sobre o outro candidato, o Ministro de Transportes Saúl Mofaz. O resultado final foi de 16.936 votos (43,1%) para Livni, fronte a 16.505 (42%) para Mofaz, nunhas votacións marcadas pola baixa participación, posto que só o 53,7% dos 74.000 militantes do Kadima acudiron ás urnas.

Intento de formar goberno

Logo da súa vitoria, o presidente Simón Peres deulle un prazo de 42 días para formar Goberno , no cal chegou a un acordo co partido laborista tras dúas semanas de negociacións. Ambos partidos aglutinan corenta e oito deputados dos cento vinte da Knesset, co que para achegarse á maioría, nos 61, intentou pactar co partido ultraortodoxo sefardí Shas, que ten doce escanos na cámara Livni da el primer paso firme para convertirse en primera ministra. Finalmente o Shas rexeitou entrar no Goberno, forzando unha convocatoria anticipada de eleccións xerais que, se celebraron o 10 de febreiro do 2009.

Aínda que o Kadima obtivo 28 escanos, un máis que o Likud, finalmente foi o líder desta última formación, o antigo primeiro ministro Benjamin Netanyahu, o encargado de formar goberno. A razón foi que a dereita nacionalista de Likud, Shas e Israel Beitenu sumaban máis escanos e rexeitaban colaborar con Kadima e os laboristas decidiron sumarse á coalición dirixida por Netanyahu.

Para as lexislativas de 2015, o laborista Isaac Herzog propuxo ás formacións centristas e seculares Kadima e Hatnuah (excisión da anterior) unha coalición xunto cos laboristas. A proposta foi aceptada e Herzog e a líder de Kadima, Tzipi Livni, fixeron público o acordo: a Unión Sionista, nome da coalición, tiña como albo evitar un novo triunfo de https://www.lemonde.fr/proche-orient/article/2014/12/10/israel-livni-et-les-travaillistes-s-allient-contre-netanyahou_4538184_3218.html. Durante a campaña a Unión Sionista procurou atender o descontento polos problemas sociais (aumento da pobreza, carestía da vivenda, por exemplo) fronte a Netanyahu, centrado na https://www.igadi.gal/web/publicacions/igadipaper/igadipaper-no152. As enquisas parecían apoiar a estratexia da Unión Sionista abrindo posibilidades a un cambio https://www.timesofisrael.com/final-polls-before-elections-give-herzog-4-point-lead/. Con todo, o resultado electoral saldouse co Likud de Benjamin Netanyahu en primeira posición, revalidando a xefatura do goberno. En 2018, tras non conseguir revalidar a súa condición á fronte do laborismo, Herzog retirouse da Knesset e Livni pasou entón a exercer como líder da opoisición.

En 2019, antes das novas eleccións xerais, o laborismo desvinculouse da Unión Sionista. Livni presentouse a esas eleccións nas listas de Hatnuah, sen conseguir representación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina no Ministerio de Asuntos Exteriores Páxina na Knesset. Biografía , en CIDOB.

Categoría:Políticos de Israel Categoría:Alumnos da Universidade Bar-Ilan Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Tel Aviv