miniatura|Símbolo do Xainismo. O xainismoXainismo no DIGALEGO é unha das relixións máis antigas da India, xuntamente co hinduísmo e o budismo, compartindo con este último a ausencia da necesidade de Deus como creador ou figura central. Considérase que a súa orixe antecede o Brahmanismo, aínda que sexa máis probábel que xurdira na súa forma actual o século V a.C., en resultado da acción relixiosa do Mahavira.

Esta doutrina pregoa unha vía salvadora filosófica non centrada no culto de ningún deus. A súa práctica é a de realizar esforzos para encamiñar a alma-conciencia cara a un estado divino e de liberación (mokṣa). Aquel ser que vence aos seus inimigos interiores e alcanza o estado superior pasa a ser denominado 'vencedor' ou 'conquistador' (yina). O estado máis elevado coñécese como siddha.

O xainismo é coñecido nos textos antigos tamén como śramaṇa dharma (deber do que confía en si mesmo) ou o camiño dos nirgranthas (aqueles sen apegos nin aversións).

Trátase dunha relixión nastika (non teísta), que non recoñece a autoridade dos textos sacros hinduístas nin dos sacerdotes brahmanas.

Na actualidade, o xainismo está presente en Bengala (leste da India), Rayastán, Majarastra e Guyarat (centro occidental da India) e Karnataka (sur da India), ademais dalgunhas comunidades no estranxeiro.

A doutrina xainista ensina que o xainismo existiu sempre e sempre existirá,Jinendra Varni (ed.) prof. Sagarmal Jain, T. K. Tukol, e Dr. Narendra Bhandari: Samaṇ-suttaṁ. Nova Deli: Bhagwan Mahavir Memorial Samiti. a pesar diso os historiadores datan a fundación e organización da forma actual do xainismo nalgún momento entre os séculos IX e VI a. C., polo reformador relixioso indio Parsuá.

Hai unha hipótese que di que -como moitas tradicións hinduístas-, o xainismo podería ter a súa orixe na cultura do val do río Indo, sendo unha mostra da espiritualidade nativa desa zona anterior á chegada á India da migración indoaria.Guseva, Mrs. N. R.: Jainism (páx. 44). Outros estudosos suxiren que as tradicións shramana eran contemporáneas e distintas ás prácticas relixiosas da relixión védica.

Actualmente, o xainismo é unha relixión minoritaria pero influente cuns 4,2 millóns de seguidores na India, ademais dunha exitosa e crecente comunidade emigrada a América do Norte, Europa Occidental, o Oriente de Asia, Australia e outros lugares.As estimacións para a poboación de xainistas difiren de algo máis de catro millóns a doce millóns debido ás dificultades de identificación xain, con algúns xainistas contados como seita hindú. Moitos xainistas non indican o xainismo como a súa relixión nas formas censuais por diversas razóns, como certas castas de xainistas considéranse tanto hindús como xainistas. O censo da India de 1981 indicou que había 3.19 millóns de xainistas. No seu momento estimábase como mínimo a metade do número indicado no censo. Estímase que hai 25.000-30.000 en Europa (principalmente en Gran Bretaña), 20.000 en África, 45.000 máis en América do Norte e 5.000 no resto de Asia.

Os xainistas influíron e contribuíron de maneira significativa nas esferas éticas, políticas e económicas da India. Ademais os xainistas teñen unha longa tradición ilustrada e son a comunidade relixiosa con maior grao de alfabetización da India e as súas bibliotecas son as máis antigas do país.John E. Cort: «The jain knowledge warehouses: traditional libraries in India», na revista Journal of the American Oriental Society, vol. 115, n.º 1, páxs. 77-87, xaneiro-marzo de 1995.

Historia Vista durante algún tempo polos investigadores occidentais como unha seita do hinduísmo ou unha herexía do budismo, debido á repartición de elementos comúns con estas relixións, o xainismo é con todo un fenómeno orixinal. Ao contrario do budismo, o xainismo nunca tivo un espírito misioneiro, permanecendo na India, onde os xainas constitúen hoxe cerca de catro millóns de crentes. Pequenas comunidades xainas existen tamén na América do Norte e na Europa, en resultado de movementos migratorios.

A palabra xainismo ten as súas orixes no verbo sánscrito jin que significa "conquistador". Os seus adeptos deben combater, a través dunha serie de etapas, as paixóns de modo a alcanzar a liberación do mundo.

Súa visión básica é dualista. A materia e a mónada vital ou jiva son de natureza distinguida, e durante súa vida o ser vivente (sexa humano ou animal) tinxe súa mónada como resultado das súas accións. Para se purificar, esta relixión propón un extremo ascetismo e o colocar en práctica da doutrina da non-violencia ou ahimsa.

Orixes miniatura| Estatua do Bahubali, albo de homenaxe cada doce anos polos xainas. Segundos os historiadores da relixión, o xainismo estabeleceuse na India a mediados do primeiro milenio a.C.. O seu fundador foi o Mahavira, existindo dúas propostas para o período en que viviu: 599 a.C. - 527 a.C (data tradicional apuntada polo xainismo) ou 540 a.C - 470 a.C. (segundo os académicos). Naceu preto de Patna, naquilo que é hoxe o estado do Bihar. Foi un contemporáneo do Buda, pregando na mesma rexión xeográfica, aínda que non conste que os dous mestres se teñan algunha vez encontrado. Pertencía á casta dos guerreiros (kshatriya), casou, viviu no luxo até que ao redor dos trinta anos tornouse un mendigo errante.

Entregouse a longos procesos ascéticos até obter a iluminación, consagrando os restantes trinta ou corenta anos da súa vida a pregar a súa doutrina. Faleceu en Pavapuri, no Bihar, que é desde entón un dos principais locais de peregrinación xaina.

De acordo cos xainas, a súa relixión é eterna, sendo a doutrina revelada ao longo de varias eras polos Tirthankaras, palabra que significa "facedores de vao", ou sexa, alguén que ensinou o camiño. Os Tirthankaras foron almas nacidas como seres humanos que alcanzaran a liberación (moksha) do ciclo dos renacementos a través da renuncia e que transmitiron as súas ensinanzas aos homes. Na presente era existiron 24 Tirthankaras. O último deses Tirthankaras foi o Mahavira, que os xainas non consideran como o fundador do xainismo, mais antes aquel que lle deu a súa forma actual. O 23º Tirthankara foi Parshva, que os historiadores consideran probabelmente unha figura histórica que viviu cerca de tres séculos antes do Mahavira. Os xainas cren que Parshva pregou os 4 grandes principios do xainismo, a saber: non-violencia (ahimsa), evitar a mentira, non se apropiar do que non foi dado e non se apegar á posesións materiais; o Mahavira engadiu o principio da castidade.

Doutrinas miniatura|Cúpula interior do templo de Ranakpur. A relixión xainista ten unha cosmoloxía e crenzas elaboradas; ateigadas de nomes, categorías, clases, xerarquías, graos, ordes, entre outros.

Transteísmo: eles cren que o mundo é eterno e carece de principio. Non existe unha divindade persoal, e todas as posibles divindades -as almas dos perfectos arjat ('adorables', divindades humanas) por exemplo- non son emanación nin manifestación de ningunha divindade apofática nin de ningunha Unidade (o Todo ou Absoluto), conceptos e realidades que son igualmente negadas e rexeitadas no xainismo xunto coa dun deus creador.

Ateísmo: o universo non foi creado por ningún Deus ou ser supremo, é o resultado inexorable das leis da natureza autoimposta. Non hai ningún creador (kartā) do universo, lexislador, gobernador ou axente externo sobrenatural. Aínda que se fai mención a certos seres (devas), en xeral os xainas son indiferentes a estes seres, a crenza nestas entidades non é necesaria: aparecen na cosmoloxía xaina só para facer referencia á roda das reencarnacións dos seres vivos.

Pananimismo: toda a realidade é vida. Para o xainismo o universo é unha totalidade vivente; todo ser posúe unha alma, máis ou menos complexa, diáfana ou pesada. Desde a terra ou o vento, aos insectos ou os mamíferos, todos os seres reflicten o universo e son dignos de respecto. O maior pecado para o xainismo é causar dano a un ser vivo, aínda que tamén hai que evitar danar á terra ou ás almas da auga ou do ar.

En coherencia co anterior, os xainistas practican a non violencia, o xaxún e a mortificación do propio corpo. A través destas actividades esperan descargar a súa alma do peso da materia kármica e evitar posteriores reencarnacións.

A relixión xainista presenta unha perspectiva igualitaria das almas, sen importar as diferenzas nas forma física: humanos, animais, e organismos viventes microscópicos. Os humanos son os únicos posuidores dos seis sentidos: vista, oído, gusto, olfacto, tacto e pensamento; polo tanto dos humanos espérase que actúen con responsabilidade cara a toda a vida sendo compasivos, sen egoísmo, sen medo, racionais e misericordiosos.

Desde o punto de vista epistemolóxico e da lóxica xaina, o xainismo é relativista, defende que o coñecemento do mundo só pode ser aproximado e que, co tempo, até a súa propia relixión acabará por desaparecer.

A comunidade xainista distingue entre monxes e segrares. Os monxes sométense a unha disciplina ascética superior á dos laicos, aínda que non exercen o monopolio da relixión. Viven nun jina-sadman (mosteiro xainista). Un jina-rshi (asceta xainista) asume catro votos: a non violencia, a sinceridade, a rectitude e a renuncia ás cousas e ás persoas.

Código de conduta miniatura|Os catorce soños propicios da nai de Jina (páxina dun kalpa sutra ou "libro de rituais" dispersado; ca. 1465)

Os jina-kalpa son as ordenanzas practicadas polos jinas (opostas a aquelas dos sthaviras). Consiste en cinco votos:

ahimsa (non violencia) satya (veracidade) asteya (non roubar), brahmacharya (castidade) e aparigraha (desapego do material).

A relixión xainista pon moita atención no aparigraha, o desapego das cousas materiais a través do control dun mesmo, penitencia, abstención da indulxencia, limitación voluntaria das necesidades e consecuente diminución da agresividade.

Non violencia A orixe última deste principio está no rexeitamento aos rituais que levaban a cabo os brahmanas e que adoitaban implicar o sacrificio de animais. O sacrificio do período védico estaba asociado a moita vivencia e os propios brahmanas comezaran a transformar os sacrificios pero é no período sramana cando os que renunciaran a estas prácticas enfróntanse radicalmente aos sacrificios. Para os ascetas, o sacrificio estaba nun mesmo e produciuse unha internalización do ritual que non incluía propiamente ritos e que salientaba o principio da non violencia dunha forma moi ampla. Ao parecer, foi Majavira quen expuxo un sistema coherente con conceptos comúns a outros sistemas sramánicos como o ciclo de renacementos samsara ou a liberación moksa integrados na idea de respecto por todos os seres vivos. miniatura|Estatua de elefante no interior do templo de Ranakpur.

A idea de non violencia ou ahimsa é central no xainismo e aínda que leva ao límite na vida dos ascetas condiciona desde os hábitos alimenticios dos laicos até os sistemas de pensamento e a filosofía xainista. Por exemplo, ten as súas consecuencias filosóficas no anekantava ou non absolutismo. Igualmente o principio de ahimsa está tamén detrás da renuncia ao material por canto ao posuír podemos danar a outros seres. Desde as súas orixes, os xainas dedicaron tratados a cualificar os tipos de violencia, a súa orixe e quen ou que pode ser vítima dela, realizando un estudo de tipo psicolóxico moi pronto. Igualmente, aínda que o concepto de ahimsa ou non violencia non só debe exporse de forma negativa, no sentido de non matar, senón que ten unha formulación positiva. É dicir, tamén debe entenderse como o deber de ser compasivo ou de cultivar a amizade.