O Galizionario, tamén denominado Galicionario, é a versión en galego do Wiktionary, un dicionario multilingüe de contido libre que forma parte dos proxectos da Fundación Wikimedia.

Denominación Creado o 6 de maio de 2004, o nome Galizionario fíxose oficial o día 21 de decembro de 2004 mediante votación da comunidade:wikt:Wiktionary:Actualidade#2004. O 31 de decembro do mesmo ano pasou a chamarse Galizionario, incorporando o prefixo Gali- no seu nome como xa se viña facendo na Galipedia.

Características O Galizionario recolle vocábulos en todas as linguas xunto coas súas traducións ao galego, sendo as entradas máis numerosas as que se refiren á definición de termos en lingua galega.

Presenta moitas características iguais a outras versións do Wiktionary: Diferenciación de maiúsculas e minúsculas iniciais. Estrutura das entradas como as dun dicionario. Presentación fixa dos datos, fornecendo categoría gramatical, etimoloxía, pronuncia (ficheiro de son e transcrición fonolóxica), definición de cada unha das acepcións, traducións a varias linguas, observacións de uso, táboas de flexión (conxugación ou declinación), palabras relacionadas, fraseoloxía etc. Organización en categorías das entradas segundo a súa lingua e categoría gramatical, o cal permite xerar automaticamente listaxes de palabras segundo estes parámetros. Listaxes de traducións bilingües, como é o caso do Dicionario Galego-Aragonés e o Dicionario Aragonés-Galego que tamén está no Biquizionario, o Wiktionary en aragonés. Remisións ó proxecto Wikipedia galego, a Galipedia, cando existe un artigo homónimo relacionado. Remisións a outros proxectos de Wiktionary.

Tamén, como outros proxectos de Wiktionary, presenta un importante uso de modelos, pois as entradas están moi estruturadas e fixadas.

É importante tamén que contén tamén entradas de carácter toponímico:wikt:Categoría:Toponimia, nalgunhas palabras presenta corpus fraseolóxicos:wikt:cabalo ou :wikt:chover, clasificación onomasiolóxica :wikt:Categoría:Entradas por significado e mesmo categorización dos fenómenos de evolución fónica dende a suposta etimoloxía:wikt:Categoría:Entradas por evolución fónica.

Fitos miniatura|dereita|200px|Crecemento do número de entradas no Galizionario :wikt:Wiktionary:Actualidade miniatura|dereita|200px|Linguas máis traducidas no Galizionario A comezos de 2005, a versión en galego do Wiktionary era o terceiro dicionario da Fundación Wikimedia con máis entradas de todos os existentes naquel momento:en:Wiktionary:Wiktionary:Multilingual statistics#Ranking. O 20 de agosto do 2015 (data na que ocupaba o posto 44):m:Wiktionary acadaba as 44.867 páxinas, que contiñan máis de 55.700 entradas en 357 linguas; delas, máis de 19.600 eran do galego, pero tamén contaba cunhas 8.220 do castelán:wikt:Categoría:Castelán, 5.032 do italiano:wikt:Categoría:Italiano, 3.664 do francés:wikt:Categoría:Francés, 2.849 do inglés:wikt:Categoría:Inglés, 1.732 do portugués:wikt:Categoría:Portugués, e outros idiomas, tanto da nosa contorna, como o latín:wikt:Categoría:Latín, o catalán:wikt:Categoría:Catalán, o vasco:wikt:Categoría:Vasco, ou o alemán:wikt:Categoría:Alemán, como outras linguas máis afastadas, como o cheyenne:wikt:Categoría:Cheyenne, o chinés:wikt:Categoría:Chinés ou o suahili:wikt:Categoría:Suahili. Esta cantidade de palabras convérteo nun dos máis grandes da escasa lexicografía galega de dicionarios en liña e dicionarios bilingües non dirixidos ó castelán.

Desde o 23 de febreiro de 2006, o sistema (en contraste coa Wikipedia) permite crear entradas tanto en minúsculas como en maiúsculas para facilitar o uso da grafía máis precisa en cada caso.

O Galizionario, do mesmo xeito que a Wikipedia, baséase no software wiki e publícase baixo a licenza GFDL.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Wikipedia Galipedia Fundación Wikimedia

Ligazóns externas Portada do Galizionario

Categoría:Wikimedia Categoría:Dicionarios galegos Categoría:Dicionarios en liña