O xerundio é unha forma infinita do verbo, que ten un valor aspectual imperfectivo, isto é, presenta a acción na súa fase central, no seu desenvolvemento. Aínda que só presenta morfema de aspecto, dialectalmente (en dúas parroquias do concello de Rianxo) e na linguaxe literaria pode presentar morfema de persoa e número na 1ª e 2ª persoa de plural. Valores Modalmente, a acción expresada pode ser real ou irreal: Tendo esa sorte, eu estaría contentísima Apurando moito, chegou á estación a tempo Temporalmente a acción expresada pode ser: Anterior ao do verbo principal: Pensándoo antes, agora non terías que lamentarte Simultánea ao do verbo principal. É o máis frecuente: Chegaron cantando Posterior ao do verbo principal: É o caso máis raro e nestes casos a acción é inmeditamente posterior e coincidirán o suxeito dos dous verbos: En chegando á casa, atopeime con Ana Por outra banda, as construcións de participio poden expresar os seguintes valores:

Anteposto ao verbo principal: Temporal: Chegando á casa, comezou a chover Condicional: Contándollo nós antes, non se decataría por terceiras persoas Causal: Nevando como neva, ninguén se vai arriscar a saír Concesivo: Aínda sendo unha muller tan ocupada, ten tempo para as súas amizades Posposto ao verbo principal: Consecutivo: Houbo un accidente na entrada da cidade, provocando grandes retencións de tráfico

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Categoría:Tempo verbal