miniatura|Mapa da Antártida elaborado pola CIA. dereita|miniatura|Esquema da Antártida dende o Polo Sur. A Antártida () é un continente do planeta Terra, situado no hemisferio sur. Ten unha superficie de 13 209 000 km², que diminúe debido ao cambio climático. Non ten unha poboación autóctona debido ás condicións climáticas. Con todo, unhas 2000 persoas pisan esa terra cada ano, entre as que se encontran científicos, técnicos, especialistas, militares e turistas.
A Antártida está atravesada por unha das maiores cordilleiras mundiais, as Montañas Transartárticas, cunha lonxitude de 3058 km e unha altura media de case 5000 metros. Estas montañas dividen o continente en dúas partes, por un lado a península Antártica ou península de Palmer (coñecida en Chile como Terra de O'Higgins), e pola outra banda a extensa meseta antártica.
Etimoloxía O nome Antártida é a versión romanizada da palabra grega composta ἀνταρκτική (antarktiké), feminino de ἀνταρκτικός (antarktikos), que significa "oposto ao Ártico", termo á súa vez derivado do grego ἄρκτος (arktos) "oso/osa", pola constelación da Osa Menor, que sinala o norte, ou sexa, "oposto ao norte".
Antes de adoptar as súas connotacións xeográficas actuais, o termo foi empregado para outras localizacións que podían ser definidas como "opostas ao norte". Por exemplo, a efémera colonia francesa establecida no Brasil no século XVI que foi denominada "France antartique".
O primeiro uso formal do nome "Antártida" (na súa forma inglesa "Antarctica") como nome do continente data dos anos 1890s e é atribuída ao cartógrafo escocés John George Bartholomew.John George Bartholomew e o nome da Antártida, CAIRT Issue 13, National Library of Scotland, xullo de 2008, ISSN 1477-4186, e tamén
Historia Formouse ó separarse de Gondwana, rompendo as súas últimas ligazóns con outros continentes ó formarse o Estreito de Drake que o separa de Suramérica, hai entre 30 e 35 millóns de anos.https://www.divulgameteo.es/fotos/lecturas/Criosfera-CC.pdfminiatura|250px|Terra Australis Incognita.
Como non hai pobos nativos da Antártida, a súa historia é a da súa exploración. É moi probable que os pobos de rexións próximas ao continente foran os primeiros en exploralo: os pobos Aush da Terra do Fogo, por exemplo, falan sobre o "país do xeo", e un xefe maorí de nome Ui-Te-Rangiora tería visitado a rexión no ano 650 d.C. No entanto, eses pobos non deixaron vestixios da súa presenza.
As primeiras expedicións documentadas comezaron no século XVI. Américo Vespucio relatou o rexistro visual de terras a 52°S. Varias expedicións aproximáronse gradualmente ao continente sen, no entanto, ter a certeza de que se trataba realmente dun continente ou dun conxunto de illas, ata as expedicións de James Cook, o primeiro que o circunnavegou entre 1772 e 1775 sen chegar a avistala, debido á néboa e os icebergs. Nese contexto, está a estudarse a posibilidade de que fose un galego, Francisco Seyxas e Lovera o primeiro en describir illas máis abaixo do paralelo 60º S, seguindo unha obra súa datada en 1690, e tras ter identificado Gabriel de Castilla no 1603 territorios ao sur de América.
A Antártida foi divisada en 1820/1821 polo menos tres barcos de diferentes emblemas, capitaneados por Fabian Gottlieb von Bellingshausen (Mariña Imperial Rusa), Edward Bransfield (Mariña Real Inglesa -Royal Navy-), e Nathaniel Palmer (explorador de Connecticut, EEUU).
A ocupación humana propiamente dita comezou na primeira metade do século XIX, cando navíos baleeiros chegaron á rexión das Illas Sandwich do Sur. Nesa época, James Weddell e James Clark Ross descubriran os mares que hoxe levan os seus nomes. Este último fixo unha viaxe de exploración na cal descubriu a Illa Ross, os montes Érebo e Terror e a Terra de Vitoria, retornando en 1843. O sexto e o sétimo Congreso Internacional de Xeografía, realizados en 1895 e 1889 respectivamente, obtivo un éxito relativo no seu chamamento á exploración do continente meridional, asinándose unha colaboración mutua de Gran Bretaña e Alemaña para a exploración científica da Antártida, dando como resultado diversas expedicións ao continente co apoio e a participación de diversas nacións.
miniatura|esquerda|A expedición liderada polo noruegués Roald Amundsen foi a primeira en chegar ao polo Sur en 1911-1912.
A principios do século XX, os exploradores céntranse na conquista do polo Sur. Ernest Henry Shackleton organizou unha expedición o 20 de outubro de 1908, véndose obrigado a volver sen chegar ao polo. A Shackleton seguiron Roald Amundsen e Robert Falcon Scott nunha verdadeira carreira, pois partiron con apenas dúas semanas de diferenza en outubro de 1911 a partir da plataforma de Ross. Amundsen chegou ao polo o 14 de decembro de 1911, volvendo en xaneiro. O grupo de Scott chegou ao polo o 17 de xaneiro e encontrou a bandeira norueguesa que deixara Amundsen. No camiño de volta, os cinco expedicionarios morreron de fame e fatiga.
Despois da conquista do polo, quedaba aínda a fazaña de atravesar o continente de costa a costa. Shackleton asumiu a tarefa na Expedición Imperial Transantártica en 1914, que non tivo éxito por unha serie de dificultades, a primeira delas foi que os barcos quedaron atrapados no xeo e afundiron.
Richard Evelyn Byrd, un explorador dos Estados Unidos, foi o primeiro a sobrevoar o polo Sur o 29 de novembro de 1929 ao que lle seguiron diversas viaxes en avión á Antártida nos anos 30 e 40. Tamén realizou extensas investigacións xeolóxicas e biolóxicas. Actualmente, tras o Tratado da Antártida, moitos países manteñen bases de investigación permanente e a ocupación humana é constante.
Xeografía miniatura|300px|Mapa da Antártida.
Asimetricamente centrado arredor do Polo Sur e en boa parte ao sur do círculo polar antártico, a Antártida é o continente situado máis ao sur e rodeado polo océano Antártico; alternativamente pode considerarse que está rodeado polas augas meridionais do Pacífico, o océano Atlántico, e o océano Índico, ou polas augas meridionais do océano mundial. A Antártida ten unha superficie de máis de 14 000 000 km2, que o converten no quinto continente máis extenso, en torno a 1,3 veces maior que Europa. Ten 17.968 km de costa, que se caracterizan principalmente pola presenza de formacións de xeo, como se mostra a continuación:
+ Tipos Costeiros ao redor da Antártida Tipo FrecuenciaPlataforma de xeo (fronte de xeo flotante)44%Paredes de xeo (que descansan no solo)38%Glaciares (frontes ou paredes de xeo)13%Rocha5%
A Antártida está dividida en dúas partes polos montes Transantárticos preto do estreitamento entre o mar de Ross e o mar de Weddell. A parte occidental do mar de Weddell e a oriental do mar de Ross é denominada Antártida Occidental ou Menor, e o resto é chamado Antártida Oriental ou Maior, debido a que se corresponden aos hemisferios occidental e oriental en relación ao meridiano de Greenwich.
miniatura|esquerda|Imaxe coloreada coa elevación do relevo.
En torno ao 98% da superficie da Antártida está cuberta polo manto de xeo antártico, un manto de xeo que ten un espesor medio de canto menos 1,6 km, sendo o seu espesor máximo 4.776 metros.. Esa cuberta de xeo ten un volume estimado en 25,4 millóns de km3, e nela atópase en torno do 90% do xeo do mundo (e polo tanto sobre o 70% da auga doce do mundo). Se todo o xeo antártico se derretese, o nivel do mar ascendería uns 60 m. Na meirande parte do interior do continente as precipitacións son moi baixas, por debaixo dos 20 mm ao ano; nalgunhas zonas de "xeo azul" as precipitacións son menores que a perda de masa por sublimación, e polo tanto o balance local é negativo. Nos vales secos prodúcese o mesmo efecto sobre a base das rochas, provocando unha paisaxe desecada.
A Antártida Occidental está cuberta polo manto de xeo da Antártida Occidental. O manto chamou recentemente a atención pola posibilidade da súa desaparición. Se se derretese, o nivel do mar podería subir varios metros nun tempo xeolóxico relativamente curto, posiblemente en cuestión de séculos. Varias correntes de xeo antártico, que representan en torno ao 10% do manto de xeo, diríxense a algunha das distintas plataformas.
A Antártida Oriental está do lado do océano Índico dos montes Transantárticos e comprende a Terra de Coats, Terra da Raíña Maud, Terra de Enderby, Terra de Mac. Robertson, Terra de Wilkes e Terra de Victoria. Toda esta rexión, agás unha pequena rexión se encontra no hemisferio oriental. A Antártida Oriental está cuberta en boa parte polo manto de xeo da Antártida Oriental.
Relevo miniatura|Montañas Tangra. miniatura|O Monte Erebus, un volcán activo na Illa Ross.
Na Antártida Oriental encóntranse os montes Transantárticos (ou Cadea Transantártica) que se estende por 4.800 km, dende a Terra de Vitoria á Terra de Coats. Na Antártida Occidental está a península Antártica, ao sur da cal se encontra o Macizo Vinson, o punto máis alto da Antártida con 4.892 m, situado nos montes Ellsworth. A Antártida ten moitas outras montañas, tanto no continente como nas illas que o rodean. Situado na Illa Ross, o Monte Erebus é o volcán activo situado máis ao sur do planeta. Outro volcán coñecido encóntrase na Illa Decepción, e é famoso pola grande erupción que tivo lugar en 1970. Outras erupcións menores son frecuentes e o fluxo de lava foi visto nos últimos anos. Outros volcáns durmidos poden estar potencialmente activos. En 2004, investigadores estadounidenses e canadenses atoparon un volcán submarino. Probas recentes mostran que este volcán sen nome pode estar activo. Montes de maior altitude Posición Monte Sistema Altitude (m) 1 Macizo Vinson Cordilleira Sentinel 4.892 2 Monte Tyree Cordilleira Sentinel 4.852 3 Monte Shinn Cordilleira Sentinel 4.661 4 Monte Craddock Cordilleira Sentinel 4.650 5 Monte Kirkpatrick Cordilleira Raíña Alexandra 4.528 6 Monte Markham Cordilleira da Raíña Elizabeth 4.350 7 Monte Kaplan Cordilleira Hughes 4.230 8 Monte Sidley Executive Committee Range 4.181 9 Monte Dickerson Cordilleira Raíña Alexandra 4.120 10 Monte Wade Montañas do Príncipe Olav 4.085
Hidrografía A Antártida ten máis de 145 lagos que se encontran baixo a superficie de xeo continental. O lago Vostok, descuberto baixo a estación rusa de Vostok en 1996, é o maior destes lagos subglaciais. Durante un tempo pensouse que o lago quedara selado hai de 500.000 a un millón de anos, mais un estudo recente suxire que periodicamente hai grandes fluxos de auga dun lago para outro. Tamén existen algúns ríos no continente, o maior dos cales é o río Onyx, cunha lonxitude de 30 km, que desemboca no lago Vanda a 75 metros de profundidade.
Hai algunhas probas, en forma de testemuños de xeo recollidos a uns 400 m por riba do nivel da auga, que indican que o lago Vostok podería albergar vida microbiana. A superficie conxelada do lago mostra semellanzas con Europa, unhas das lúas de Xúpiter. Se se achase vida no lago Vostok, isto podería fortalecer o argumento da posibilidade de haber vida no satélite Europa. and .
O 7 de febreiro de 2008, un equipo da NASA embarcouse nunha misión ao lago Untersee, na procura de extremófilos nas súas augas altamente alcalinas. Se se atoparan, estas criaturas resistentes podería reforzar o argumento da vida extraterrestre en ambientes extremadamente fríos e ricos en metano.
Xeoloxía Historia xeolóxica e paleontolóxica Hai máis de 100 millóns de anos, a Antártida estaba unida á India, África, Australia e América do Sur, formando un supercontinente denominado Gondwana. Co paso do tempo, o Gondwana dividiuse e a Antártida como é coñecida hoxe en día formouse entre hai 25 e 23 millóns de anos, ao separarse de América do Sur e quedar totalmente rodeada polo océano Antártico, deixando illado no polo sur o que actualmente é a Antártida. De acordo coa teoría da tectónica de placas, é doado observar que, antigamente, o continente americano e o antártico estaban unidos pola zona que conforma a Terra de Fogo, zona actualmente disgregada, e formou a denominada península Antártica.