Ubuntu Certified Professional (UCP) é un certificado de coñecementos de Ubuntu GNU/Linux, administrado pola LPI e baseado no seu certificado de nivel 1, creado a partir dun acordo asinado en maio de 2006 entre Canonical Ltd. e Linux Professional Institute.
O UCP é parte do certificado LPIC, como módulo engadido aos certificados LPI 117-101 e LPI 117-102. O seu código é o LPI 117-199.
Requisitos Os requisitos para conseguir o certificado son: Realiza-los exames LPI 117-101 e LPI 117-102, que acreditan coñecementos de GNU/Linux, con independencia da distribución. Realiza-lo exame específico de Ubuntu, o LPI 117-199. As probas poden realizarse en calquera orde.
Materias O certificado pon a proba os coñecementos do alumno en materias tales coma: Instalación e configuración de sistemas Ubuntu. Realización de tarefas administrativas: arrincar e apaga-los sistemas, manexar contas de usuario e sistemas de ficheiros, e manter a seguridade do sistema. Configura-la conexión á rede e servizos de rede fundamentais. Traballo produtivo coa liña de comandos de Linux.
Véxase tamén Outros artigos GNU/Linux · Ubuntu Linux Professional Institute · Canonical Ltd. Ligazóns externas Información no sitio web de Ubuntu (en inglés)
Categoría:Ubuntu GNU/Linux