O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) é o colexio profesional oficial de arquitectos de Galicia. Forma parte do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España. miniatura|alt=Sede de Vigo, obra dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera|Sede de Vigo, obra dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera

Traxectoria Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto de 2 de maio de 1973, mediante segregación do antigo Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia,Ministerio de Vivenda. Decreto 1025/1973 , de 2 de maio, polo que se crea o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contando nese momento con 120 colexiados. O 16 de novembro de 1999 a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais aprobou os seus estatutosDecreto 293/1999 , do 28 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; modificados parcialmente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Decreto 254/2008 , do 23 de outubro..

A sede central do COAG está en Santiago de Compostela, e ten delegacións en Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. miniatura|Delegación provincial en Pontevedra. Dende 2023 ostenta o cargo de decano-presidente Luciano González Alfaya e ao 31 de decembro de 2022 contaba con 2958 colexiados. Foron decanos: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan José González-Cebrián Tello (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Táboas Veleiro (2003-2005); (2005-2011) Celestino García Braña; (2011-2013) Jorge Duarte Vázquez; (2013-2019) Antonio Maroño Cal; (2019-2023) Elena Ampudia Aixendri.

No ano 2010 o Proxecto Terra, un proxecto educativo posto en marcha polo COAG, recibiu o Premio Nacional de Urbanismo., e, no 2011, o premio da Crítica Galicia de Iniciativas Culturais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio COAG de Arquitectura Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña

Categoría:Colexios profesionais Categoría:Edificacións de Galicia Categoría:Arquitectura de Galicia