Agoncillo é un concello da Rioxa, España, situado a 14 km de Logroño, a capital provincial. A súa poboación é de 1.164 habitantes (2012). No municipio está localizado o aeroporto de Logroño-Agoncillo, o único da comunidade e con apenas tráfico aéreo.

Xeografía Polo norte do termo municipal pasa o Río Ebro, que aquí recibe as augas do seu afluente o Leza. O concello ocupa unha área de 34,73 km².

Demografía Evolución demográfica1900 1920 1940 1960 1981 2001 2012 930 1.214 1.999 1.4001.5979001.164

Puntos de interese Monumentos relixiosos Igrexa parroquial de Nosa Señora da Branca, do século XVIII. Ermida de Nosa Señora das Dores.

Monumentos civís Castello de Aguas Mansas.

Museos Museo Würz, de arte moderna, situado no polígono El Sequero.

Outros Sitio arqueolóxico de Velilla de Aracanta, habitado aínda na Idade Media, cando se denominaba sinxelamente Biliella ou Velilla.

Festas 16 de agosto, festas patronais en honra de San Roque.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello www.Agoncillo.org Páxina adicada ao municipio

Agoncillo