Marce é unha das 20 aldeas da parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Marce é unha vila que participa da ribeira e da montaña, noutros tempos era máis grande ca moitas parroquias. Hoxe quedan quince fogares, e chegou a ter cincocentos habitantes polos anos vinte.

Segundo o INE en 2007 tiña 28 habitantes (32 no 2006, 34 no 2005, 34 no 2004, 35 no 2003).

Patrimonio O Castro de Marce. Chamado tamén Castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño. A Torre de Marce. Esta torre foi unha casa de liñaxe e de importancia no século XV. A Torre do Reloxo. Torre con reloxo de campá, construída no ano 1950 pola Asociación de veciños de Marce en Buenos Aires, sitúase a cen metros da Torre de Marce.

A zona ten un importante patrimonio natural, fragas, camiños ou socalcos escalonados. Hai camiños de sendeirismo sinalizados e poden verse interesantes paisaxes e lugares de interese como a fervenza de Augacaída de 40 metros. Tamén hai unhas boas vistas sobre o río Miño e a ribeira.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vilar de Ortelle

Parroquias de Pantón

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Xacio: Os xacios son seres mitolóxicos propios das pozas de Chouzán, de Curbaceira, de Parleira, Marce...

Categoría:Lugares de Pantón