América do Norte () ou Norteamérica () é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte terrestre que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.
En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.
América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e o Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.
Etimoloxía miniatura|220px|Imaxe por satélite de América do Norte. Está aceptado amplamente que os nomes de América do Norte e de América do Sur denomináronse así por Amerigo Vespucci, e que foi o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller quen lles puxo ese nome. Vespucci, que explorou América do Sur entre 1497 e 1502, foi o primeiro europeo en suxerir que América non eran as Indias Orientais senón un novo mundo descoñecido para os europeos.The Naming of America: Fragments We've Shored Against Ourselves (en inglés)
A segunda teoría, con menos aceptación que a anterior, é que os seus nomes proveñen dun comerciante inglés chamado Richard Amerike, de Bristol, que se cre que financiou a viaxe de Giovanni Caboto de Inglaterra a Terra Nova en 1497.The Naming of America (en inglés) Outra teoría é que o nome provén dunha lingua amerindia.
Delimitación miniatura|esquerda|220px|Considérase Norteamérica como un subcontinente (ata México), noutros casos como un continente (os 3 tons de verde) ou unha subrexión da ONU (en verde claro). Non hai un só criterio para definir este termo. Nos países castelanfalantes, o uso normalmente define Norteamérica como o subcontinente conformado polo Canadá, os Estados Unidos (incluíndo Alasca), México, o Istmo de Tehuantepec, Groenlandia e illas adxacentes. En cambio nos países angloparlantes e outros, adóitase considerar Norteamérica como un continente que está conformado polos territorios antes mencionado ademais de Centroamérica e as Antillas, presentando un límite natural con Suramérica máis ou menos á fronteira actual de Panamá/Colombia. Doutra banda, o xeoesquema da ONU usa "América do Norte" como descrición cultural angloamericana, conformando unha subrexión conformada polos Estados Unidos e o Canadá (excluíndo México).
Historia miniatura|Antigo mapa de América do Norte miniatura|Representación dos conquistadores casteláns e os seus aliados tlaxcaltecas loitando contra os otomís no territorio da actual Estado de Hidalgo (México) De acordo coas probas arqueolóxicas, a ocupación humana de América do Norte comezou durante o Plistoceno, no período cuaternario, hai uns 50.000 anos. Probablemente, pobos mongoloides chegaron ao norte de América desde Asia en torno á última gran glaciación, a través dunha lingua de terra que atravesaba a zona que actualmente ocupa o Estreito de Bering, creando unha ponte terrestre, desde onde se empezaron a estender cara ao sur e o leste.Prehistoric Beringia - A Beginner's Guide to the Homeland of the Peoples of the Americas (en inglés)
Os primeiros habitantes eran pobos do Paleolítico que vivían da caza e da recolección, e empregaban ferramentas non moi diferentes das coñecidas en Siberia. Máis tarde foron desprazados por outros grupos que posuían ferramentas máis evolucionadas. Crese que estes pobos son os primeiros devanceiros dos pobos amerindios, os cales desenvolveron culturas complexas e habitaban o continente na época na que chegaron por primeira vez os europeos.Linguists demonstrate Siberian-North American link (en inglés)
Groenlandia foi a primeira rexión do continente á que chegaron os europeos. De acordo coas sagas islandesas, Erik o Roxo explorou e colonizou a illa por primeira vez. O primeiro europeo que divisou unha parte da terra firme continental foi probablemente Bjarni Herjólfsson, un comerciante islandés que viu a liña de costa ao redor do ano 986.The Canadian Encyclopedia (en inglés) Despois, Leifr Eiríksson, o fillo de Erik o Roxo, realizou unha viaxe a unha terra que chamou Vinland ou terra do Viño, e que, talvez, era algún lugar entre Labrador e Nova Inglaterra .Leif Ericson - Columbus 'Predecesor by Nearly 500 Years (en inglés) Este relato foi verificado en parte grazas ao descubrimento en 1963 dunha localización de tipo viquingo en L'Anse aux Meadows (actual parque nacional histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1978), preto da punta meridional de Terra Nova. Determinouse que as ruínas databan do ano 1000 aproximadamente.UNESCO (en inglés) Era precolombiana Os antropólogos teñen diversas teorías achega da orixe das primeiras poboacións que se estableceron en América do Norte. Os pobos indíxenas teñen toda unha serie de mitos cos que intentan explicar que xa estaban establecidos nesta terra desde que se creou. O consenso é que os indíxenas norteamericanos chegaron por primeira vez desde Asia durante a última Idade do xeo, moi probablemente a través da ponte terrestre de Bering, e posiblemente tamén, con barcos primitivos.
Antes do contacto cos europeos, os pobos indíxenas de América do Norte dividíanse en múltiples entidades políticas, desde pequenos grupos dunhas poucas familias a grandes imperios. Vivían en varias áreas culturais que se correspondían en grandes liñas coas distintas zonas xeográficas e biolóxicas que ocupaban e que dan unha boa idea dos distintos usos e costumes da xente que vivían alí (por exemplo, os cazadores de bisontes das Grandes Chairas, ou os agricultores de Mesoamérica). Estes grupos indíxenas tamén se poden clasificar pola súa familia de linguas (por exemplo, a atapascana ou a uto-azteca), aínda que é importante ter en conta que as persoas con linguas da mesma familia non sempre compartían a mesma cultura material, nin sequera foron sempre aliados.
Os antropólogos cren que os inuit do Ártico chegaron a América do Norte moito máis tarde que outros grupos indíxenas, como o demostra a desaparición das ferramentas da cultura Dorset, segundo os rexistros arqueolóxicos, e a súa substitución polas do pobo Thule. É posible que en Norteamérica houbese varios pobos entre os seus primeiros poboadores. A evidencia máis coñecida que apoia esta teoría é o achado do Home de Kennewick.
A era das exploracións
As exploracións europeas en América do Norte comezaron coa viaxe realizada en 1492 por Cristovo Colón ao servizo da Coroa de Castela.John McIntosh: The discovery of America by Christopher Columbus: and the origin of the North American Indians. Editado por W. J. Coates. Orixinal do ano 1836 da Universidade de Míchigan. Dixitalizado o 1 de xullo de 2005. 152 páxinas. Máis tarde, en 1497, un navegante italiano ao servizo de Inglaterra, Giovanni Caboto ou Xoán Caboto (en galego, desembarcou na illa de Cabo Bretón, e en 1498 percorreu as costas do Labrador, Terra Nova e Nova Inglaterra e, posiblemente, chegou á baía de Delaware.Samuel Eliot Morison: The European Discovery of America. The Northern Voyages A.D. 500-1600. Nova York: Oxford University Press (1971). O navegante portugués Gaspar Corte-Real realizou unha viaxe o ano 1500 pola costa de Labrador e o sueste de Terra Nova.Gaspar Corte Real: Explorer (en inglés)
Conquistas castelás O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban os diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no imperio azteca, civilización que caeu ante Cortés en 1521. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos tlaxcaltecas, os cales convertéronse en aliados de Hernán Cortés. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.Laura Matthew i Michel R. Oudijk: Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, 2007. ISBN 0-8061-3854-8.
Os maias, outro pobo indíxena que poboaba a península do Iucatán, non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de amerindios de México e da América Central foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos conquistadores, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes desta mestizaxe constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, 1993. ISBN 0-19-508557-4 Hernán Cortés chegou á Baixa California en 1536Biografía de Hernán Cortés (en castellà) as expedicións máis importantes durante a primeira parte do século foron as de Pánfilo de Narváez e Álvar Núñez Cabeza de Vaca, os cales exploraron parte de Florida, as costas setentrionais e orientais do golfo de México, e parte do norte de México entre 1528 e 1536.Panfilo de Narvaez: Explorer (en inglés)Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer (en inglés) Hernando de Soto chegou ao río Mississippi en 1541,Hernando De Soto: Explorer (en inglés) i Francisco Vázquez de Coronado explorou extensas áreas do sueste dos Estados Unidos entre 1540 e 1542.Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador (en inglés) o asentamento permanente europeo máis antigo nos Estados Unidos é San Agustín (Florida), o cal foi fundado en 1565 polo asturiano Pedro Menéndez de Avilés.www.enchantedlearning.com (en inglés)
Antes de 1600, os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes das Antillas, de Florida e do sur de México. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola Coroa de Castela na área de México agrupáronse no vicerreinado de Nova España. Logo de consolidar o seu control sobre Nova España, as autoridades castelás avanzaron gradualmente cara ao norte, completaron a conquista de México e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os Estados Unidos de América. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais Texas e Novo México nos Estados Unidos.Gerhard, Peter. 2000: Geografía histórica de la Nueva España, 1519 - 1821. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
A colonización francesa e inglesa miniatura|Arribada de Samuel de Champlain a Quebec no ano 1608. miniatura|Reprodución do Mayflower: barco que no 1620 levou 102 emigrates inglesés a Nova Inglaterra para fundar a colonia de Plymouth en Massachusetts, Estados Unidos