San Fiz de Navío é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 15 entidades.

Historia Ata ben avanzado o século XIX, formaba parte da xurisdición de Roucos, sobre a que tiña señorío o Conde de Ribadavia, que en San Fiz compartía con Pedro de Toubes.

Patrimonio Igrexa de San Fiz de Navío, románica, situada nunha das abas que miran ao río Avia. Planta dunha soa nave e ábsida rectangular. Na fachada ten escudo e dobre arquivolta sobre a porta occidental, de arco de medio punto e tímpano con cruz con catro pombas aos lados. Unha cruz patriarcal remata a espadana, ao igual que na ábsida, que ten tamén o año pascual. No interior arco de medio punto peraltado no presbiterio e bóveda de nervios de estilo gótico. Casa da Touza, do século XVII. Barroca con cheminea monumental, destaca a torre de planta cadrada. Ten un pombal de cantería.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Navío

Parroquias de San Amaro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de San Amaro

Ligazóns externas Blog con información sobre San Fiz de Navío

Categoría:Parroquias de San Amaro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fiz