San Mamede da Canda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 327 habitantes (170 homes e 157 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.

Toponimia O topónimo A Canda (do latín ) é un fitónimo referido a unha póla de árbore usada para alumear.

Patrimonio Pazo de Vilariño, do século XVI. De planta rectangular con dous pisos e cunha torre almeada. A fachada ten un muro almeado con porta de arco de medio punto con dous escudos das armas dos Mosquera, Sotomaior, Andrade e López. Ten unha capela, pombal e unha fonte de 1680.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Canda

Parroquias de Piñor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Piñor

Categoría:Parroquias de Piñor Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía