Ismael Carmona García, nado en Badaxoz en 1986, é un filólogo e poeta estremeño, membro fundador do Órgano de Seguimento e Coordinación do Estremeño e a súa Cultura (OSCEC).
Traxectoria Foi estudante de Filoloxía Clásica na Universidade de Estremadura, ten escrito poemas para diversos concursos de estudantes, e publicou en 2007 o seu primeiro libro, titulado Pan i verea, e escrito integramente en estremeño. Como filólogo, ten diversos traballos sobre o estremeño e sobre a creación dunha koiné.
Véxase tamén Outros artigos Lingua estremeña Ortografía do estremeño
Ligazóns externas Cúyu pan eharras?, blog do autor sobre o estremeño.
Categoría:Lingüistas de España Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados en 1986