miniatura|dereita|Amin Maalouf, 2013. Amin Maalouf, nado en Beirut o 25 de febreiro de 1949, é un escritor libanés. A familia materna é de tradición anglófona e católica e a paterna francófona e protestante.

Traxectoria Amin Maalouf estudou economía, política e socioloxía e traballou no xornal An Nahar como responsábel da sección de internacional. Foi correspondente durante 12 anos e visitou máis de 60 países, especialmente Etiopía, Somalia, Bangladesh e Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. Desde 1975, cando estalou a guerra do Líbano, exilouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da revista Jeune Afrique. Actualmente dedícase só á literatura. Recibiu o premio Maison de Presse pola súa novela Samarcanda e o Goncourt por A rocha de Tanios. Dous dos seus maiores éxitos son As cruzadas vistas polos árabes e León o Africano.

Obras Novelas León o Africano (Léon l'Africain, 1986). Samarcanda (Samarcande, 1988). Os xardíns de luz (Les Jardins de lumière, 1991). O primeiro século após Beatriz (Le Premier Siècle après Béatrice, 1992). O rochedo de Tanios (Le Rocher de Tanios, Premio Goncourt 1993). As escalas do Levante (Les Échelles du Levant, 1996). A viaxe de Baldassare (Le Périple de Baldassare, 2000). Traducido ao galego por Xavier Queipo e María Dolores Torres París. Orixes (Origines, 2004).

Ensaios As identidades asasinas (Les Identités meurtrières, 1998). As cruzadas vistas polos árabes (Les croisades vues par les Arabes, 1983), Premio das Maisons de la Presse. A deleiba do mundo (Le Dérèglement du monde, 2009). Traducido por Maria Dolores Torres París.

Libretos de ópera O amor de lonxe (L’Amour de loin, 2001 - música de Kaija Saariaho).

Prefacios "Por unha educación bilingüe" ("Pour une éducation bilingue : Guide de survie à l'usage des petits européens", 1981). "Sobre a adivinación, Cicerón", ("De la Divination", Cicéron, 1992). "O Profeta, Khalil Gibran" ("Le Prophète", Khalil Gibran, 1993).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Amin Maalouf

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores do Líbano Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Nados en Beirut Categoría:Nados en 1949 Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili