Coñécese como África Austral, África do Sur ou África subsahariana, á parte sur do continente africano. Comprende o conxunto de territorios situados ao sur do Sáhara. Normalmente considérase que forman parte desta magna rexión africana os seguintes territorios e estados:

Angola Botswana Comores Eswatini Lesotho Madagascar Malawi Mauricio Mayotte (dependencia francesa) Mozambique Namibia Reunión (dependencia francesa) Santa Helena (dependencia británica) Suráfrica Zambia Zimbabwe

Nalgúns lados tamén se inclúen as Seychelles e o Territorio Británico no Océano Índico, e noutros exclúense os estados insulares das Comores, Madagascar e Mauricio e as dependencias francesas de Mayotte e a Reunión, considerándoas partes da África Oriental.

Categoría:Xeografía de África