Código pode referirse a:
En lingüística, un código é un sistema de sinais para enviar unha mensaxe. Na teoría da información, un código é a forma que toma a información dun sistema informático. En dereito, un código é o conxunto unitario, ordenado e sistematizado de normas, como o código civil ou o código penal. Código de Hammurabi, conxunto de leis da antiga Mesopotamia (1700 a.C.). Código de Eurico, código de leis promulgadas polo rei visigodo Eurico cara ao 476. En informática, o código binario é o sistema no que se basea a computación. En programación, o código fonte é un texto escrito nunha linguaxe de programación compilado ou interpretado para executarse nunha computadora. En xenética, o código xenético é a regra de correspondencia entre a serie de nucleótidos en que se basean os ácidos nucleicos e as series de aminoácidos (polipéptidos) en que se basean as proteínas. En economía, o código de barras é unha marcación da etiquetaxe dos produtos que permite unha identificación do produto e do fabricante. O Código postal, serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para axilizar o servizo de correos. O Código telefónico, un prefixo numérico que identifica xeograficamente os números de teléfono.
Véxase tamén Codex Alimentarius Codex Calixtinus