Masbate é unha illa do grupo das Visayas situada no centro de Filipinas cunha poboación de 555.573 habitantes (2007).
A illa, en forma de V invertida, ocupa unha área de 3,269 km²; a súa capital é a cidade de Masbate con 71,441 poboadores no ano 2000. Explorada polos españois a finais do século XVI, foi gobernada por estes mesmos ata a Guerra Hispano-Estadounidense, cando os Estados Unidos lograron o control. Foi ocupada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial sendo recuperada polos Estados Unidos en 1945. Extraeuse ouro durante séculos preto de Aroroy no norte.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Visayas
Ligazóns externas Masbate Information Service Website
Categoría:Illas de Filipinas