A Unión Liberal foi un partido político español fundado en 1858 por Leopoldo O'Donnell coa intención de aglutinar en torno ó mesmo ós moderados non absolutistas e ós progresistas menos exaltados nun intento de ocupar o centro político da época, durante o reinado de Sabela II de España.

Historia e características En novembro de 1858 constitúese oficialmente o partido, nun acto do teatro Novedades de Madrid, aínda que en decembro de 1854, Cánovas del Castillo pronunciou un discurso nas Cortes Constituíntes no que algúns historiadores ven anunciado o proxecto e incluso o nome da futura Unión Liberal. Polas súas características, que só se poden deducir da acción política cotiá, non era un partido de ideais, senón pragmático, que tiña por principios básicos conservar a monarquía como forma de goberno, pero alonxándoa das tentacións absolutistas, reformarndo a administración pública nun sentido centralista e ofrecendo certo grao de multipartidismo ós Moderados e Progesistas. Ademais, pretendía a reforma da lei de prensa -que non chegou a realizar- e o manteñemento dunha política económica de fortes investimentos públicos.

Tralas eleccións a Cortes do 20 de setembro de 1858, a Unión Liberal ocupou a maioría dos escanos, o que lle permitiu manterse no poder ata a revolución de 1868 e a chegada do Sexenio Democrático.

A Unión Liberal agrupábase en torno á personalidade de O'Donnell e á man férrea do seu Ministro de Gobernación, José Posada Herrera. Ó mesmo perteneceron tamén figuras como Eduardo Gasset Artime, Francisco Serrano Domínguez, Juan Manuel de Manzanedo, Juan Prim, Manuel Silvela ou Antonio Cánovas del Castillo. A orixe social dos seus membros era moi dispar: nobres, avogados, empresarios, comerciantes, banqueiros, militares e funcionarios. Para manter o control da opinión pública, a Unión Liberal sotíñase en xornais como La Época, El Diario Español e La Correspondencia de España.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Martínez Gallego, Francesc: Conservar progresando: la Unión Liberal (1856-1868). Valencia, 2001. ISBN 84-95484-11-0

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España