Rubén García Fernández, nado en Ribadavia en 1951 e finado na mesma vila o 21 de outubro de 2008, foi un promotor cultural galego. Traxectoria En 1973 foi un dos promotores da Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, que se considera o punto de partida do teatro contemporáneo en Galicia, e onde naceu o grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente foi o director da súa continuación, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende 1984 e tamén de varias edicións da Feira do Teatro de Galicia.

Recibiu o premio María Casares de honra pola súa traxectoria de apoio ao teatro.

Faleceu como consecuencia dunha esclerose lateral amiotrófica"Falece Rubén García, director da Mostra de Teatro de Ribadavia" , Galicia Hoxe, 22 de outubro de 2008..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades do teatro de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes